viernes, 30 de abril de 2021

FIGURAS CON FÍOS

 ESTA SEMANA NO

"OBRADOIRO DOS FIOS"

XOGAMOS COS FIOS A CREAR

 DIFERENTES FIGURAS E FORMAS

COMO SE ACHEGA UN DÍA MOI ESPECIAL...

ESTIVEMOS INTENTANDO CREAR LIBREMENTE

DIFERENTES FIGURAS E FORMAS:




 UNHA DAS QUE NOS COSTOU MOITO FACER 

PERO QUE GUSTOU MOITO FOI:


 ASÍ QUE MAMIS MOI ATENTAS AO BLOG O DOMINGO,

TEMOS UNHA PEQUENIÑA SORPRESA PARA VÓS 💗


jueves, 29 de abril de 2021

ESCULTURAS!

 INDAGANDO POLA VIDA DE JOAN MIRÓ

AVERIGUAMOS QUE ADEMÁIS DE SER PINTOR

TAMÉN REALIZOU ESCULTURAS!!!

QUERENDO SABER QUE SIGNIFICABA ISO

PUXÉMONOS MANS A OBRA PARA DESCUBRILO...


E VAIA SE O DESCUBRIMOS, MIRADE VAIA ESCULTURAS

FIXEMOS CON TUBOS DE CARTÓN




PEQUES, DEFINITIVAMENTE, SODES UNS ARTISTAS!!!!


miércoles, 28 de abril de 2021

ESPECTÁCULO EN STREAMING!

CARAMUXO TEATRO PRESENTOUNOS NO DÍA DE HOXE

UNHA NOVA VERSIÓN DO CLÁSICO POPULAR

"AS FABAS MÁXICAS"


 UNHA PROPOSTA DE LECER 

NA QUE O HUMOR, A EMOCIÓN E A POESÍA

MESTÚRANSE PARA DAR UNHA VISIÓN CONTEMPORÁNEA

DO COÑECIDO CONTO INFANTIL


martes, 27 de abril de 2021

A FAMILIA DE...

 @S PINTORES AO IGUAL QUE NÓS

TEÑEN UNHA FAMILIA:

NESTA FOTO ESTÁ JOAN MIRÓ DE NENO COA

SÚA MAMÁ, O SEU PAPÁ E A SÚA IRMÁ.

PARA FAMILIARIZARNOS CON ESTAS PALABRAS

XOGAMOS A FORMAR FAMILIAS:

FOI MOI DIVERTIDO!!!!😀

E NOS AXUDOU A COMPLETAR

A FICHA DO NOSO PROXECTO



lunes, 26 de abril de 2021

"A MANCHA"

 COÑECEDES A MONCHO?

MONCHO É UN NENO QUE LLE ENCANTA PINTAR;

 POLO SEU ANIVERSARIO TIVO DE REGALO

UNHA CAIXA DE ACUARELAS COAS QUE PINTOU 

E PINTOU... ATA QUEDAR DURMIDO.

CANDO AO DÍA SEGUINTE ESPERTOU

ATOPOU NUN PAPEL UNHA MANCHA...

 NÓS DÉMOSLLE A MONCHO UNHAS CANTAS IDEAS 

DO QUE PODE SER ESA MANCHA:


UN COCHE, UNHA MESA, UN ROBOT, UNHA MAMÁ...

E XA POSTOS A DEBUXAR, 

MIRADE QUE CHULIS NOS QUEDARON... 

...OS DEBUXOS QUE FIXEMOS DESTE CONTO.

🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨


viernes, 23 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO!!!

 ESTA SEMANA NO 

"OBRADOIRO DOS FÍOS"

CELEBRAMOS...O DÍA DO LIBRO!!

LEMBRADES QUE A SEMANA PASADA

ESTIVEMOS PREPARANDO UN ESCENARIO,

MIRADE 👀...

ASÍ FOI COMO NOS QUEDOU!!!!

E QUE MELLOR MANEIRA DE CELEBRAR

O DÍA DO LIBRO QUE COMEZAR COS ENSAIOS 

DA REPRESENTACIÓN (CON MONICREQUES) 

DA HISTORIA DO...

"COELLIÑO BLANCO"


E POR SER UN DÍA TAN ESPECIAL,

@S NEN@S MÁIS MAIORES DO COLE

VIÑERON A CONTARNOS O CONTO

DA "HORTA DE SIMÓN"

MOITAS GRAZAS MAIORES POR COMPARTIR CON NÓS

ESTE DÍA E FINALIZAR DESTE XEITO TAN BONITO

AS ACTIVIDADES DA SEMANA DO LIBRO.


jueves, 22 de abril de 2021

CONTO FAVORITO

 SEGUIMOS COAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS

PARA A SEMANA DO LIBRO...

HOXE TIVEMOS QUE PENSAR CAL É O NOSO

CONTO FAVORITO DO COLE:

COMO CADA UN ESCOLLEU O SEU,

TIVEMOS QUE VER QUE CONTO

FOI MÁS VECES ESCOLLIDO

PARA PODER CHEGAR A UN ACORDO.

POLO QUE O NOSO CONTO FAVORITO É:

"O POLO PEPE"

UNHA VEZ DECIDIDO, COLLIMOS RUMBO...

AO PATIO DOS MAIORES ONDE HAI UNHA GRAN LOUSA 

NA QUE TIÑAMOS QUE ESCRIBIR:


 O TÍTULO DO NOSO CONTO FAVORITO!!!!