CURSO 24-25
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
30 CENTÍMETROS
QUEREMOS FACER UN "VERME",
E 30 CENTÍMETROS DE FIO PARA O CORPO
TOCA MEDIR!
ACERCÁMONOS Á CINTA MÉTRICA PARA BUSCAR O 30
E COA AXUDA DUN COMPI CORTAMOS POLA MEDIDA:
PERO NON SABEMOS QUE PASOU....
NON SON TODAS IGUAIS!!!😕
E CASE TOD@S CORTAMOS POLO 30...
..............................................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
PREPARANDO O MAGOSTO
O VINDEIRO LUNS IMOS
CELEBRAR O MAGOSTO NO COLE,
XA TEMOS AS CASTAÑAS!
(MOITAS GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN)
E ESTAMOS ELABORANDO UN BROCHE
PARA POÑER "NA FESTA DAS CASTAÑAS"
E ASÍ LEMBRAR O DÍA
ESCRIBIMOS E RECORTAMOS
TAN SÓ QUEDA MONTAR
PERO O LUNS ESTARÁN LISTOS!!
😊😊😊😊
.............................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
ENROSCAMOS E DESENROSCAMOS
QUE ESTARÁN A PREPARAR @S MINITECEDORES...
ESTIVERON ENROSCANDO UN FIO NUN DEPRESOR
E DEBUXANDO ARAÑAS:
QUE SERÁ, SERÁ?
CONTINUARÁ...
-------------------------------------------------
LEMBRADES O QUE ESTABAMOS
A FACER NO OBRADOIRO DOS FIOS?
POIS HOXE ESTAMOS DE ESTREA,
PRESENTAMOS O XOGO "SUBE E BAIXA"
QUE ELABORAMOS COAS NOSAS
"GADOUPAS"
VÉMONOS DE NOVO O LUNS DÍA 4 DE NOVEMBRO 👋
..................................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
"ESPAGUETES" (DE FIO)
PARA PODER ABRIR UN NOVO RECANTO
NA AULA, PRECISAMOS ENCHER A DESPENSA...
PREPARAMOS "ESPAGUETES"!
A RECEITA É MOI SINXELA
PRECISAMOS LA, TESOIRAS E ALGÚN RECIPIENTE,
NESTE CASO EMPREGAMOS PRATOS,
ESTIRAMOS O FIO E CORTAMOS
POLA MEDIDA QUE ESTIMEMOS QUE TEN UN ESPAGUETE,
PREFERIBLEMENTE LONGO:
TAN SÓ QUEDA DEGUSTALOS 😋
BO PROVEITO!
E TRABALLO FEITO!
.........................................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
DEBUXOS DE PIÑEIRO
A SEMANA PASADA PRESENTAMOS
O CONTO-CANTADO DE "PIÑEIRO"
CO QUE IMOS TRABALLAR A ORIENTACIÓN ESPACIAL.
ENTRE TOD@S DEBUXAMOS XIGANTES AS ILUSTRACIÓNS DE CONTO
E AS EMPREGAMOS PARA XOGAR A COLOCALAS
ONDE O TEXTO DO CONTO NOS DI....
PARA TER UN FORMATO MÁIS ADECUADO
ÁS NOSAS MANS, CADA UN DE NÓS, ADEMÁIS DE RECORTAR
O FIELTRO PARA MONTAR OS PIÑEIROS, DEBUXAMOS AS
ILUSTRACIÓNS EN MINIATURA DO AVIÓN, O BALÓN, O TAMBOR E A FLOR,
ASÍ NOS QUEDARON:
GÚSTANVOS?😊
GRAN TRABALLO PEQUES!!!!👏👏👏
..............................................................................................................................
INAUGURAMOS NESTE NOVO CURSO O
"OBRADOIRO DOS FIOS"
CON "PIÑEIRO"
UN CONTO CANTADO
QUE IMOS CONVERTIR EN XOGO
PARA TRABALLAR A ORIENTACIÓN ESPACIAL;
COMEZAMOS RECORTANDO MOLDES:
LEMBRAMOS COMO SE COLLEN AS TESOIRAS?
👍POR SUPOSTO!
CURSO 23-24
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
INSPIRADA EN...YAYOI KUSAMA
PARA LEVAR OS TRABALLIÑOS DO 3º TRIMESTRE,
INSPIRADA NUNHA DAS OBRAS DA ARTISTA
AINDA NON NOS DOU TEMPO A TOD@S,
COMEZAMOS A XORNADA MOI EMOCIONADOS!!!
MOITAS GRAZAS POLAS FLORES E POLO AGASALLO
VAIA SORPRESA MÁIS AGRADABLE!
😍😍😍😍😍😍😍
............................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
UNHA BONECA?
MENTRES O LIBRO TEXTIL ESTÁ NA "IMPRENTA"...
@S MINITECEDORES SEGUEN TRABALLANDO:
(OU NUBE, SEGÚN @S PEQUES)
EN YAYOI KUSAMA!
COMEZAMOS ENCHENDO OS FIOS CALCETADOS,
PARA MOLDEAR O CORPO
PRIMEIRA TAREFA REMATADA
PERO XA ESTAMOS PREPARAD@S PARA A SEGUINTE...
💪💪💪💪💪💪
........................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
ARXILA
LEMBRADES QUE ESTAMOS FACENDO
UN LIBRO TEXTIL, VERDADE?
POIS ESTE LIBRO PRECISA DUN COMPLEMENTO
PARA PODER INTERACCIONAR CON EL
NÚMEROS!!!
EMPREGAMOS ARXILA E MOLDES DE GALLETAS
PARA CONFECCIONALOS:
TEMOS QUE AGARDAR A QUE SEQUEN
E COLLAN DUREZA
ASÍ QUE APROVEITAMOS O SOL DE HOXE
E OS COLOCAMOS PRETIÑO DA FIESTRA.
.........................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
💪SEGUIMOS!
A FACER O NOSO LIBRO TEXTIL
INSPIRÁNDONOS ESTA VEZ CON "UN LIBRO"
CHEO DE PUNTIÑOS E DE MAXIA!!!!!
AGORA SOMOS NÓS @S QUE TEMOS
QUE ORDEAR PUNTIÑOS, NUNHA NOVA
PÁXINA DO LIBRO TEXTIL:
..................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
REDONDIÑOS
CONTAMOS UN CONTIÑO QUE NOS SERVIU DE PREPARACIÓN:
UNHA HISTORIA CON REDONDIÑOS E CADRADIÑO,
QUE NON DEIXA A NINGUÉN INDIFERENTE...
DESPOIS DE MANIPULAR AS DIFERENTES
FORMAS XEOMÉTRICAS, CHEGA O MOMENTO
DE IR COMPLETANDO CON "REDONDIÑOS"
AS PÁXINAS DO NOSO LIBRO TEXTIL.
COMEZAREMOS POLAS DÚAS PRIMEIRAS,
NUNHA COLOCAREMOS DOUS "REDONDIÑOS"
E NA SEGUINTE POÑEREMOS CATRO
A VER SE NOS SAEN BEN AS CONTAS...
BO TRABALLO PEQUES!!!!!
ESTE LIBRO TEN MOI BOA PINTA!!!
💙💙💙💙💙💙💙
....................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
RECORTAMOS O PATRÓN QUE MARCAMOS
RECORTARON CON MOITO TINO
O PATRÓN DO RECTÁNGULO
QUE MARCARON NO ANTERIOR OBRADOIRO.
DESTE XEITO XA TEMOS LISTA A PRIMEIRA
FOLLA DO NOSO LIBRO TEXTIL 👏👏
A POLAS SEGUINTES!!!
💪💪💪💪💪💪
.........................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIROS DOS FIOS"
MARCANDO PATRÓN
TEMOS UN RECTÁNGULO EN CARTÓN
COMO PATRÓN DAS FOLLAS QUE PRECISAMOS
PARA CREAR UN LIBRO TEXTIL DE CONTEO
NO QUE MARCAREMOS O PATRÓN COA AXUDA
D@S COMPIS, O TRABALLO COMPARTIDO
LÉVASE MOITO MELLOR!
QUÉDANOS MOITO TRABALLO POR DIANTE...
PERO TEMOS MOITOS DÍAS
PARA LOGRAR O NOSO OBXECTIVO
E GANAS NON NOS FALTAN!
💪💪💪💪💪
..........................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
APROVEITAMENTO
TEMOS O NOSO CAIXÓN DOS FIOS
CHEO DE ANACOS DE FIELTRO
ASÍ QUE TEMOS QUE PENSAR
COMO APROVEITALOS
SE EMPREGAMOS TAMÉN ALGÚN
QUE OUTRO MATERIAL MÁIS,
PODEMOS FACER ALGO
MOI INTERESANTE.
POLO DE AGORA NON
PODEMOS ADIANTAR NADA
PERO PRONTO TEREDES NOVAS....
😊😊😊😊😊😊😊
...............................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
COSE QUE COSE
ESTAMOS REMATANDO O SEGUNDO TRIMESTRE,
OS TRABALLIÑOS D@S MINITECEDORES ESTÁN CASI REMATADOS
E TEMOS QUE PREPARAR A BOLSA PARA METELOS,
ASÍ QUE A COSER!!
TAREFA QUE NOS TEN CONCENTRADOS,
E QUE ADEMÁIS NOS ENCANTA!
POR CERTO MAÑÁ É O DÍA DO CÓMIC
E QUEREMOS MOSTRARVOS COMO REMATAMOS A NOSA VIÑETA
DESPOIS DE DEBUXAR ÓS PERSONAXES,
TIÑAMOS QUE ESCRIBIR OS TEXTOS...
E UNHA VEZ FEITA A MONTAXE
(RECORTAR E PEGAR)
O RESULTADO É ESTE:
💙💙💙💙💙💙💙💙💙
SÚPER ORGULLOSA D@S MINITECEDORES!!!!!
......................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
"ADOPTAMOS OSOS"
TEMOS UNHA CAMADA DE OSIÑ@S
QUE PRECISAN COIDADOS
E @S MINITECEDORES ESTÁN DISPOSTOS
A FACERSE RESPONSABLES DELES.
COMO SON MOI PARECIDOS
IMOS FACER UNS COLARES IDENTIFICATIVOS,
DESTE XEITO SABEREMOS QUEN ADOPTA A CADA OSIÑ@
PARA FACER O COLAR,
TEMOS QUE BUSCAR NAS BOLIÑAS AS LETRAS
QUE COMPOÑEN O NOSO NOME
INSERTALAS NA ORDE CORRECTA NO LIMPAPIPAS
E COLOCARLLO Ó OSIÑ@
AGORA TEMOS UNHA GRAN RESPONSABILIDADE
COIDAR DOS OSIÑ@S!!!
🐻🐻🐻🐻🐻🐻🐻
.....................................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
FLORES DE ROSALÍA
23 DE FEBREIRO - CONMEMORACIÓN DO
NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO.
PARA PRESENTARLLE @S PEQUES A ROSALÍA,
CONTAMOS COA AXUDA DOS BOLECHAS
E DAS COMPIS MAIORES (CARLA E NOA)
QUE NOS VIÑERON CONTAR...
O RELATO DO MOCIÑO EMIGRANTE
PARA O DÍA DE HOXE
O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
TIÑA PREPARADO UN ACTO CON LECTURA DE POEMAS
E A PLANTACIÓN DE CAMELIAS
PERO A CHUVIA FIXO QUE SE APRAZARA;
ASÍ QUE @S MINITECEDORES ADICÁMONOS A
REALIZAR FLORES CON DIFERENTES TÉCNICAS:
CREANDO UN BROCHE
ESTA SEMANA ADIANTAMOS O
"OBRADOIRO DOS FIOS"
COSEMOS O GATO NEGRO
LEMBRADES OS RATIÑOS QUE FIXEMOS
FAI UNS DÍAS NESTE OBRADOIRO?
OS RATIÑOS E O GATO NEGRO
SON OS PROTAGONISTAS DUNHA CANCIÓN
QUE ESTIVEMOS PRACTICANDO
E QUE XA SAE FENOMENAL!
PARA PODER TER TODO EN ORDE
ELABORAMOS UNHA PEQUENA BOLSA
CON FORMA DE GATO NEGRO
QUE ESTIVEMOS COSENDO POLOS LATERAIS
DESTE XEITO NIN OS CINCO RATIÑOS
NIN O GATO NEGRO ESTARÁN PERDIDOS.
👏👏👏👏👏👏👏
.............................................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
CORTAMOS CINTAS
QUEN SABE CORTAR COAS TESOIRAS?
ESTA FOI A RESPOSTA D@S MINITECEDORES,
ASÍ QUE MANS Á OBRA!
TIÑAMOS UNHA CINTA CORTADA COA LONXITUDE QUE PRECISAMOS
(QUE NOS SERVIRÁ DE MODELO)
TODAS AS CINTAS TEÑEN QUE SER DO MESMO LARGO;
PROCESO:
1º ESTIRAMOS A CINTA PRETO DO MODELO
2º SUXEITAMOS PARA QUE NON SE MOVA
3º CORTAMOS COA TESOIRA
TRABALLAMOS POR PARELLAS, POIS IMOS PRECISAR AXUDA,
MENTRES UN CORTA OUTRO SUXEITA E VICEVERSA.
✂✂✂✂✂✂
ESTAREDES PENSANDO PARA QUE SERÁN AS CINTAS....
...PARA COLOCARLLE AS MEDAIAS
QUE ESTIVEMOS FACENDO COA ARXILA
😊😊😊😊😊😊
........................................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
RATIÑOS
GRAZAS AO RATIÑO DO CONTO XL
PUIDEMOS PROBAR A QUÉ SABE A LÚA.
PARA TER UN RECORDO DESTE GRAN ACONTECEMENTO,
ESTAMOS A FACER UN MONICREQUE:
TEMOS QUE COLLER 1 RATIÑO CADA UN
A CANCIÓN DOS RATIÑOS...
PERO AINDA TEMOS QUE ENSAIAR UN POUQUIÑO MÁIS!
......................................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
COMEZAMOS COS PREPARATIVOS...
MIRANDO O CALENDARIO DESCUBRIMOS
QUE XA ESTAMOS ÁS PORTAS DO NADAL,
POLO QUE TEMOS QUE COMEZAR
COS PREPARATIVOS...
EMPREGAMOS ESTES MATERIAIS:
PERO NON VOS QUEREMOS ADIANTAR
MOITO MÁIS, PARA QUE SEXA UNHA SORPRESA!
1. PINTAMOS A MAN DE COR BLANCO:
2. ESTAMPAMOS NO FIELTRO MARRÓN:
CHEGAMOS Ó FINAL DO TRIMESTRE,
OS TRABALLOS XA ESTÁ REMATADOS
E PROCEDEMOS Ó SEU ENVÍO...
AGARDAMOS QUE @S MINITECEDORES
FIXERAN A ENTREGA CORRECTAMENTE
E REALIZARAN AS EXPLICACIÓNS OPORTUNAS
DE TODO O QUE ÍA GARDADO...
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
COLLAGE MORADO
PARA CONMEMORAR O 25 N
@S MINITECEDORES ELABORARON
UN COLLAGE EMPREGANDO FIO E CÍRCULOS DE PAPEL
PERO SE OS XUNTAMOS ACADAMOS UN RESULTADO
MOITO MÁIS CHULI😊
💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜
MOI BO TRABALLO!!!!!
...............................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
PRIMEIRAS PUNTADAS
TEMOS TODO PREPARADO
PARA COMEZAR A DAR AS NOSAS PRIMEIRAS PUNTADAS:
AGULLAS GRANDES DE PUNTA REDONDA, LA DE CORES E
CARTÓN CON UNHA MOREA DE BURATIÑOS.
TAN SÓ TEMOS QUE ESCOLLER UNHA COR, BUSCAR UN BURATO,
METER A AGULLA , SACALA POLO LADO CONTRARIO E TIRAR DO FIO 😅
@S MINITECEDORES RÁPIDAMENTE COLLERON RITMO....
E APROVEITAMOS ATA O ÚLTIMO MINUTO DA MAÑÁ!!
ENCANTOUNOS A EXPERIENCIA, ASÍ QUE TEREMOS QUE PENSAR
COMO CONTINUAR CON ELA 😍
.............................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
PULSEIRA COA INICIAL
TEMOS TODO PREPARADO
PARA CREAR COAS NOSAS PEQUE-MANS,
UNHA PULSEIRA!
COLLEMOS 1 FIO, 2 BOLIÑAS AZUIS E BUSCAMOS A NOSA LETRA,
AGORA A INTENTALO, INSERTAMOS OS ABALORIOS
SEGUINDO A SERIE:
BOLIÑA AZUL - LETRA- BOLIÑA AZUL
CON UN POUQUIÑO DE AXUDA TOD@S @S MINITECEDORES
CREARON A SÚA PULSEIRA,
E ASÍ DE CHULIS NOS QUEDARON!!!
💙👏💙👏💙👏💙👏💙
................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
PRESENTAMOS OS NOS@S BONEC@S
CON ESFORZO E PASIÑO A PASIÑO
ESTIVEMOS CREANDO BONEC@S
FIXÁNDONOS NAS NOSAS FOTOS!
PUXÉMOSLLE O CALZADO, DECIDIMOS COS FIOS DE COR
CAL ERA O QUE MÁIS SE PARECÍA A NOSA COR DE PELO,
ALGÚN QUE OUTRO DETALLE, E...
... ESTE FOI O RESULTADO!!!!
XA NOS CONTAREDES A VOSA OPINIÓN,
NÓS ESTAMOS MOI CONTENTOS CO RESULTADO FINAL
POR ISO ESTÁN EXPOSTOS NO COLGADOIRO QUE TEMOS
NO CORREDOR DO COLE, ASÍ OS PODEMOS VER A TODAS HORAS.
...................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
XOGAMOS COS FIOS
PARA INAUGURAR ESTE CURSO O OBRADOIRO,
QUE MELLOR QUE COMEZAR TOMANDO CONTACTO CO MATERIAL
DEIXANDO VOAR A NOSA IMAXINACIÓN PARA CREAR E
MANIPULAR LIBREMENTE; A VER QUE ACONTECE...
..........................................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
REMATADOS
OS INSTRUMENTOS XA ESTÁN REMATADOS!!!!
UNHA VEZ TAPADOS OS DOUS LADOS
DO TUBO DECORADO...
...XA PODEMOS FACER SOAR
O NOSO PAO DE CHUVIA!!!!!
................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
ARAME E ARROZ
PARA METER CON MOITO TINO
DENTRO DO TUBO DE CARTÓN,
QUE XA TEMOS DECORADO COMO PAO DE CHUVIA
DESTE XEITO CONSEGUIREMOS O SON DA CHUVIA
QUE PRECISAMOS PARA FACER SOAR ESTE INSTRTUMENTO
REALIZADO CON MATERIAL DE REFUGALLO
QUEDARÍA TAPAR AMBOS LADOS DO INSTRUMENTO E... 🎶🎶🎶
..............................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
DECORAMOS O PAO DE CHUVIA
COMEZAMOS A TRANSFORMAR
OS TUBOS DE CARTÓN EN PAOS DE CHUVIA:
1º PINTAMOS CON PINCEIS
2º RECORTAMOS NUBES DE FIELTRO
POLO DE AGORA, QUEDÁRONNOS ASÍ:
........................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
MEDIMOS TUBOS DE CARTÓN
@S MINITECEDORES POR PARELLAS
TEÑEN QUE COLLER TUBOS E CINTA MÉTRICA
PARA SABER CANTO MIDE CADA TUBO.
CADA UN TEN A SÚA TÉCNICA
E CANDO COÑECEN O RESULTADO, ANOTAN...
CON ESTES TUBOS IMOS CONSTRUIR
UN INSTRUMENTO MUSICAL
RELACIONADO COAS NUBES
E NO QUE EMPREGAREMOS FIOS!
......................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
VAIA LIO DE CORDÓNS
A EQUIPACIÓN D@S MINITECEDORES
ESTÁ REMATADA👏👏👏
COMO VEDES, TAMÉN TEMOS MEDIAS E
ZAPATOS CON CORDÓNS
COA AXUDA DE LAURA, PROTAGONISTA DO CONTO
IMOS INTENTAR ATAR E DESATAR CORDÓNS
VAIA LIO!!!!
QUE DIFÍCIL RESULTA, POLO TANTO
NON QUEDA MÁIS QUE PRACTICAR E PRACTICAR.
SE LAURA O ACADOU,
@S MINITECEDORES TAMÉN PODEN😉
......................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
NÚMEROS
OS NÚMEROS DOS PANTALÓNS DA EQUIPACIÓN
TEÑEN QUE SER OS MESMOS QUE OS DAS CAMISETAS
POR SE NON OS LEMBRAMOS,
ELABORAMOS UNHA LISTA NA QUE IMOS
ANOTANDO POR ORDE:
COLLEMOS AS CIFRAS CORRESPONDENTE
E AS COLOCAMOS NO PANTALÓN.
.........................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
REPARTIMOS
TEMOS TODO PREPARADO PARA
COLOCARLLE AS TIRAS QUE RECORTAMOS
AO PANTALÓN DA NOSA EQUIPACIÓN.
PARA FACER O REPARTO HAI DÚAS CONDICIÓNS:
1. NON PODE QUEDAR NINGUNHA TIRA SEN COLOCAR.
2. TODOS TEMOS QUE TER O MESMO NÚMERO DE TIRAS NO PANTALÓN.
NON FOI DOADO,
SOBRE TODO CUMPLIR A SEGUNDA CONDICIÓN...
PERO DESPOIS DE INTENTALO VARIAS VECES
👀 MIRADE 👀
PASIÑO A PASIÑO VAI QUEDANDO MENOS PARA TER
A EQUIPACIÓN D@S MINITECEDORES COMPLETA
👏👏👏
.............................................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
RAIAS AZUIS
XA TEMOS O PATRÓN DO PANTALÓN
DA EQUIPACIÓN D@S MINITECEDORES
PERO PARA SEGUIR O DESEÑO,
TEMOS QUE CORTAR E... CORTAR E... CORTAR RAIAS ...
...............................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
DESEÑAMOS O PANTALÓN DA EQUIPACIÓN D@S MINITECEDORES
LEMBRADES AS CAMISETAS
QUE "CONFECCIONAMOS" NESTE OBRADOIRO
O CURSO PASADO?
COMO A NOSA EQUIPACIÓN ESTÁ INCOMPLETA,
ADICAREMOS UNS DÍAS A COMPLETALA
COMEZAMOS POR REALIZAR O DESEÑO,
COA PREMISA DE MANTER AS CORES DA CAMISETA
CHEGAMOS A UN TRIPLE EMPATE
E DESPOIS DUNHA NOVA VOTACIÓN,
ESTE FOI O DESEÑO GAÑADOR:
👏👏👏👏👏
....................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
CONTAMOS RAIAS
A NOSA BOLSA-ABELLA
PRECISA OITO RAIAS PARA
SIMULAR O ABDOME
DUNHA ABELLA
ASÍ QUE HOXE....CONTAMOS E AGRUPAMOS
DE 8 EN 8
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
PINTAMOS DETALLES NAS ÁS
TEMOS TODO PREPARADO
PARA QUE @S MINITECEDORES,
PINTEN OS DETALLES NAS ÁS
QUE VAI LEVAR A BOLSA-ABELLA:
ASÍ XA QUEDA MENOS PARA COMEZAR
COA MONTAXE DA BOLSA...
.............................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
MARCAMOS E CORTAMOS
SE NO ÚLTIMO OBRADOIRO DEBUXAMOS OS PATRÓNS,
HOXE MARCAMOS E CORTAMOS
👏👏👏👏👏👏
.............................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
PATRONAXE
QUE HABÍA NA IMAXE...
FORMAMOS EQUIPOS DE 4 MINITECEDORES
PARA DEBUXAR O PATRÓN
QUE PRECISAMOS PARA CONFECCIONAR
UNHA BOLSA-ABELLA 😅
COMPROBAMOS SE O TAMAÑO ERA
O QUE PRECISAMOS E...
AQUÍ TEDES OS PATRÓNS,
QUE PARA SER A PRIMEIRA VEZ QUE OS FACEMOS
NON TEMOS MÁIS QUE FELICITACIÓNS PARA OS PEQUES
PARABÉNS
MIMITECEDORES!
...................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
SORPRESA!
VAIA SORPRESA TIVEMOS HOXE,
NIN SEQUERA NOS DOU TEMPO DE SACAR AS CAZADORAS
PARA IR CORRENDO A MIRAR...
PABLO FOI O ENCARGADO DE EXPLICARNOS
QUE ERA TODO ISO QUE APARECEU
NA ALFOMBRA DA NOSA AULA
E UNHA VEZ ACLARADAS AS DÚBIDAS,
TIÑAMOS QUE BUSCAR
INQUILINAS PARA A COLMEA....
E MIRADE QUE ATOPAMOS,
.............................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIROS DOS FIOS"
MACARRÓNS, FIOS E ...
ESTES MACARRÓNS QUE ATOPAMOS
SON IDEAIS PARA CREAR UNHA ABELLA!
COMEZAMOS REALIZANDO
O ABDOME CO MACARRÓN E O FIO NEGRO:
CON MOITA PACIENCIA FOMOS ENROSCANDO,
O FIO NOS OCOS DOS MACARRÓNS,
PARA COSEGUIR ESTE RESULTADO FINAL 👏👏
CONTINUARÁ...
...................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
CASAS
DESPOIS DE RECORTAR E FACER A MONTAXE
REALIZAMOS OS ÚLTIMOS DETALLES
DAS CASAS PARA CREAR A NOSA ALDEA
MIRADE QUE COLORIDAS SON!!!!
.....................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
"BAILAR NAS NUBES"
DESPOIS DE COÑECER O CONTO
PENSAMOS QUE SERÍA UNHA BOA IDEA
CREAR A NOSA PROPIA ALDEA
CON MOITOS VECIÑOS
TAL E COMO SUCEDE NA HISTORIA
ASÍ QUE......
A "CONSTRUIR" CASAS!!!!!
(SEGUINDO O "PLANO")
PRIMEIRO ESCOLLEMOS OS MATERIAIS
E LOGO....MANS Á OBRA!!!!
CONTINUARÁ...
......................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
ESTAMPAMOS CON ESPONXA E PINTAMOS CO PINCEL
ESTAMPANDO COA ESPONXA NAS MONTAÑAS
E PINTANDO A NEVE NO CUME DAS MONTAÑAS CO PINCEL
..................................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
BOLSA DE NADAL
COMEZAMOS COS PREPARATIVOS DE NADAL
EMPREGANDO AGULLA E FIO
PREPARADOS, LISTOS...
GRACIÑAS MARGA POR ACOMPAÑARNOS
NESTA AVENTURA TECEDORA!!!!!!
..............................................................................................................
ESTA SEMANA RETRASAMOS O
"OBRADOIRO DOS FIOS"(POR UNHA BOA CAUSA)
CARACOL-CROCODILO
TEMOS OS CARACOIS, QUE ENROLAMOS
CON TANTA PACIENCIA, REMATADOS👏👏👏
DA TESOIRA DENTADA...
--------------------------------------------------------------------------
QUEDABA MOI POUQUIÑO PARA
REMATAR OS CROCODILOS:
DENTADURA, PATAS E OLLOS
E...CROCOS LISTOS!!🐊🐊
👏👏👏👏
.......................................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
- ESPECIAL 25N -
BONECA VIOLETA
A HISTORIA DE AURORA NON PODE QUEDAR NO OLVIDO,
DE AÍ A IDEA DE CREAR UNHA BONECA
QUE NOLA LEMBRE CADA VEZ QUE A VEXAMOS.
E GOMA EVA VIOLETA
- RECORTAMOS O PATRÓN DO CHUVASQUEIRO:
CONTINUARÁ...
.....................................................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
DESCUBRIMOS A TESOIRA DENTADA
DESPOIS DE OBSERVAR ESTA TESOIRA
(DIFERENTE AS QUE EMPREGAMOS HABITUALMENTE)
PODÍANNOS AS GANAS DE PROBAR A VER COMO CORTABA,
POIS O SEU FILO SEMELLA...
A DENTADURA DUN CROCODILO!!!!
ASÍ QUE A IMOS APROVEITAR,
ESTADE PENDENTES 👀
.......................................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
ENROLAMOS
FAI SEMANAS DEIXAMOS UN TRABALLO PENDENTE
E CHEGOU O MOMENTO DE RETOMALO.
LEMBRADES UNHAS TIRAS DE FIELTRO
QUE RECORTÁRAMOS?
POIS BEN AGORA TOCA ENROLALAS
PARA CONVERTILAS NUN CARACOL, DAREMOS FEITO?
@S MINITECEDORES CONSEGUIRON O SEU OBXECTIVO
CON MOI BOA NOTA😉
.........................................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
(ESPECIAL SAMAIN)
UNHA MEIGA
NON SEI SE VOS LEMBRADES DE QUE HAI
UNS DÍAS APARECEU NA PORTA DA AULA
UNHA VASOIRA DEMASIADO GRANDE....
POIS BEN, XA SABEMOS DE ONDE PROCEDE
E O MÁS IMPORTANTE, PARA QUE SERVE;
PRECISÁMOLA PARA CONTAR A HISTORIA DUNHA MEIGA,
ONDE A SÚA VASOIRA TEN UN PAPEL SÚPER IMPORTANTE!!!!
NO OBRADOIRO DE SAMAIN DESTA SEMANA
IMOS CONFECCIONAR UN BROCHE COA MEIGA PROTAGONISTA
E ASÍ TER UN RECORDO DESTA DIVERTIDA HISTORIA!!!!!
NON DEMOS FEITO PARA PODER
ESTREAR O BROCHE DA MEIGA
NA NOITE DE SAMAIN....
PERO AGORA SI, XA REMATAMOS AS MEIGAS
(PERSONALIZAS AO GUSTO DE CADA QUEN)
😯😯😯😯😯
.......................................................................................................................................
NESTE CURSO, IMOS TRABALLAR OS MÉRCORES NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
PERO COMO ONTE TIVEMOS
UNHA OCUPACIÓN INESPERADA.....
COMEZAMOS HOXE RECORTANDO LÍNEAS RECTAS
PARA QUE SERÁN?
TEREMOS QUE AGARDAR...
...................................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
CUARTETOS DE VIOLÍN
XA TEMOS LISTAS AS ÚLTIMAS "PEZAS" NECESARIAS
PARA REMATAR O VIOLÍN CASEIRO:
BARBADA, CORDAS, CLAVIXAS...
E UNHA VEZ MONTADO....
COMEZA O CONCERTO DE CUARTETOS!!!!!!
QUE BEN SOAN OS NOSOS VIOLÍNS
E CANTO NOS GUSTAN!!!!!
GRAN TRABALLO MINITECEDORES 👏👏👏
...........................................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
PREPARAMOS A CAIXA DE RESONANCIA
E O MÁSTIL DO NOSO VIOLÍN🎻
CANTO TRABALLIÑO NOS ESTÁ A DAR
A CONSTRUCCIÓN DESTE INSTRUMENTO DE CORDA!!!
PERO SEGURO QUE VALE A PENA😅
TRABALLAREMOS TODO O QUE FAGA FALTA
PARA TER UN VIOLÍN
COMO O DE MOZART!!!!
.............................................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
COAS TESOIRAS...
RECORTAMOS OS PATRÓNS DOS VIOLÍNS!!!
POUCO A POUCO E CON MOITO COIDADO
IMOS SEGUINDO A MARCA QUE FIXEMOS
CO ROTULADOR.
ESTE FOI O RESULTADO:
MOI BO TRABALLO PEQUES!!!!
BRAVO!!!!!
..................................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
DOBRE OBRADOIRO
AS LETRAS QUE NOS ESTABAN AGARDANDO ONTE,
COMEZARON A FORMAR PALABRAS
GRACIAS Á CREATIVIDADE D@S MINITECEDORES...
............................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
MARCAMOS PATRÓN
PARA CONSTRUIR O "VIOLÍN"
TEMOS QUE MARCAR NO FIELTRO A SÚA FORMA
PARA ISO IMOS EMPREGAR UN PATRÓN
MENTRES UNS AGUANTAN O PATRÓN PARA QUE NON SE MOVA,
OUTROS MARCAN CO ROTULADOR
TRABALLANDO EN EQUIPO!!!!!
👏👏👏👏
...............................................................................................................................
...................................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
CONTANDO E CORTANDO
A IDEA MONSTRUOSA SEGUE ADIANTE,
HOXE CONTAMOS E CORTAMOS TANTOS FIOS
COMO PELOS TEÑEN OS NOSOS MONSTROS...
1º CONTAMOS:
"IDEA MONSTRUOSA"
.........................................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
IDEA MONSTRUOSA 👀
A PROFE MARÍA DOUNOS UNHA IDEA MONSTRUOSA
E DESPOIS DE MOITO PENSAR,
ÍMOLA LEVAR A CABO
COMEZAMOS!!!!!
COMO EXPERTOS MINITECEDORES
INICIAMOS O TRABALLO NUN ABRIR E PECHAR DE OLLOS
CONTINUARÁ...
..............................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
"MITRA"
A NOSA MÁSCARA MISTERIOSA LEVA
NA PARTE SUPERIOR UNHA "MITRA"
PATRÓN QUE ESTIVEMOS RECORTANDO HOXE
EN GOMA EVA DE COR AZUL:
POR ISO ESTIVEMOS BOCETANDO
ESTES DEBUXOS...
ADEMÁIS DE TRABALLAR NO OBRADOIRO,
PASAMOS A VER O MECO
POIS A VINDEIRA SEMANA É O ENTROIDO NO COLE
E TEMOS QUE SEGUIR OS SEUS MANDADOS:
ASÍ QUE XA SABEDES
O LUNS TOD@S CON UN SOMBREIRO NA CABEZA!!!!
............................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
RECORTANDO BARBA ...
NON VOS DIXEMOS AINDA QUE MÁSCARA DO ENTROIDO GALEGO
CONTINUARÁ....
..........................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
É TEMPO DE ENTROIDO!
NESTE CONTO ATOPAMOS UNHA MOREA
DE MÁSCARAS GALEGAS QUE NON COÑECÍAMOS...
ASÍ QUE DECIDIMOS POÑER O NOSO
OBRADOIRO A FUNCIONAR, PARA CONFECCIONAR
UNHA MÁSCARA DE ENTROIDO!
COMEZAMOS TOMANDO MEDIDAS
DE ORELLA A ORELLA
PARA SABER CANTO PRECISAMOS DE GOMA ELÁSTICA
...............................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ
LEMBRADES AS PULSEIRAS QUE ESTIVEMOS
RECORTANDO NO ANTERIOR OBRADOIRO...
SON AS PULSEIRAS DA PAZ, QUE CONFECCIONAMOS
PARA REGALARLLA A UN SÚPER AMIG@ QUE TEÑAMOS NA AULA
E PARTICIPAMOS NA ACTIVIDADE "ENCHE A TÚA MOCHILA DE..."
COA PALABRA : AMIG@
TIÑAMOS QUE PENSAR E ESCRIBIR UNHA PALABRA QUE SE POIDERA
"GARDAR" NA MOCHILA D@S PEREGRIN@S E QUE LLE APORTASE
PAZ NAS DIFERENTES ETAPAS DO CAMIÑO.
UN DÍA CHEO DE PAZ,
QUE AGARDAMOS DURE MOITO TEMPO...
..............................................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
PREPARANDO A PAZ
PARA O 30 DE XANEIRO
"DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ"
E @S MINITECEDORES
XA SE PUXERON MANS Á OBRA
PARA CONFECCIONAR PULSEIRAS
...........................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
O LIBRO DE "IREA"
DURANTE ESTA SEMANA @S MINITECEDORES
BOTARON DE MENOS A "IREA",
A PROFE DE PRÁCTICAS QUE TIVEMOS CON NÓS
ANTES DAS VACACIÓNS DE NADAL.
ELA NOS DEIXOU UN BONITO AGASALLO
CO QUE A RECORDAMOS E AO MESMO TEMPO APRENDEMOS:
.............................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
PREPARANDO O NADAL...
ESTAMOS MOI OCUPADOS COS PREPARATIVOS
DO NADAL, PERO NON VOS QUEREMOS ADIANTAR MOITO... 😊
ASÍ QUE HOXE IMOS MOSTRAR MOI POUCO
DO QUE ESTAMOS A ARGALLAR @S MINITECEDORES...
(TEDES QUE TER UN POUQUIÑO DE PACIENCIA)
👋👋👋
................................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
CREAMOS UN ESCUDO PARA A NOSA EQUIPACIÓN
DAS NOSAS CAMISETAS, PERO FIXEMOS MOI MAL A CONTA
E NON NOS CHEGAN....😅 COMO QUERÍAMOS AMOSALAS,
COMEZAMOS A XOGAR COAS QUE ESTABAN REMATADAS;
TRÁTASE DE COLOCAR O NÚMERO DE CADA PEQUE
NA PARTE TRASEIRA DA CAMISETA CORRESPONDENTE:
POR ISO TEMOS QUE MIRAR NA LISTA QUE TEMOS NA AULA,
CONTAR E IDENTIFICALO....
FOI NESTE MOMENTO CANDO NOS DECATAMOS
DE QUE AS NOSAS CAMISETAS NON TIÑAN ESCUDO!!!!!!
HABÍA QUE SOLUCIONADO!!!!
COLLIMOS A MESA DE LUZ,
AS FORMAS XEOMÉTRICAS TRASLÚCIDAS E AS FICHAS
PARA PODER ESCOLLER CADA UN A FORMA QUE MÁIS LLE GUSTABA
PARA O ESCUDO
A MÁIS VOTADA FOI ... O ROMBO
PERO AINDA TIÑAMOS QUE PENSAR QUE MÁIS LLE POÑÍAMOS;
PARA REALIZAR O NOSO TRABALLO DE MINITECEDORES
PRECISAMOS AS NOSAS MANS, LÁPICES, ROTUS, TESOIRAS.....
FIXEMOS CON ESTES ELEMENTOS UNHA COMPOSICIÓN,
E ASÍ FOI COMO CHEGAMOS AO RESULTADO FINAL:
PROBLEMA SOLUCIONADO!!!!!!
👏👏👏
...............................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
RAIAS AZUIS
CAMISETAS DA NOSA EQUIPACIÓN:
...........................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
ADXUDICAMOS NÚMEROS
TODAS AS EQUIPACIÓNS TEÑEN DORSAIS;
ASÍ QUE ANTES DE COMEZAR COA
CONFECCIÓN DAS NOSAS "CAMISETAS",
TEMOS QUE SABER QUE NÚMERO IMOS TER:
PARA ISO SEGUIMOS A LISTA QUE TEMOS DE AULA
FEITA POR ORDE ALFABÉTICO; CADA PEQUE TIVO QUE
PENSAR EN QUE POSTO ESTABA NA LISTA PARA
BUSCAR O SEU DORSAL:
E ASÍ FOI COMO QUEDARON REPARTIDOS
XA TEMOS DISEÑO!
XA TEMOS DORSAIS!
E PARA O SEGUINTE OBRADOIRO
A CONFECCIONAR!!!!!
.........................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
DISEÑAMOS CAMISETAS
DESPOIS DE OBSERVAR NA REDE DIFERENTES MODELOS
DE CAMISETAS E FIXARNOS NOS SEUS DISEÑOS,
COMEZAMOS A CREAR:
PUXÉMOSLLES COR:
E DECIDIMOS CALES ERAN AS QUE MÁIS NOS GUSTARON!!!
DESPOIS DUNHA VOTACIÓN
O EQUIPO DOS MINITECEDORES
XA TEN EQUIPACIÓN 👏👏
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
QUE SERÁ, SERÁ,
NO QUE ESTAMOS A ENREDAR?
🌰🌰🌰
XA EXPERTOS COAS TESOIRAS
RECORTAMOS FIELTRO MARRÓN
SEGUINDO O DEBUXO MARCADO:
ALGUNHA IDEA DO QUE ESTAMOS
A FACER????
PISTA: ESTÁ MOI RELACIONADO COAS FESTAS
QUE ESTÁN A PIQUES DE CHEGAR....
😉😉😉😉
......................................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
ULTIMAMOS PREPARATIVOS...
POIS ADEMÁIS DOS TRAXES,
PRECISAMOS COMPLEMENTOS:
TREBOS
GARABATAS
E RABIÑOS...
ASÍ DE CHULIS E ELEGANTES QUEDARON OS NOSOS
TRAXES DE RATIÑOS!!!
DO CONTO DE KALANDRAKA
DENDE O RABO ATA O FUCIÑO
VISTEN DE AZUL "TRES" RATIÑOS
E OS RATOS MÁIS ELEGANTES
VISTEN DE GRIS ELEFANTE
...
PEQUES, NON PODO MÁIS QUE FELICITARVOS
POLO GRAN TRABALLO QUE FIXÉSTEDES
SODES OS MELLORES!!!!
.........................................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
MONTAMOS AS ORELLAS PARA O NOSO TRAXE DE RATOS
COMO XA DOMINAMOS AS TESOIRAS NAS LÍNEAS RECTAS,
AGORA TOCA PROBAR NAS LÍNEAS CURVAS...
POR ISO RECORTAMOS, EN GOMA EVA, AS ORELLAS
QUE PRECISAMOS PARA CONVERTIRNOS NOS RATOS DE CORES!
..................................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
REALIZAMOS A 1ª PROBA DO TRAXE DE RATIÑOS
PARA UNIR AS DÚAS PARTES DO TRAXE, DIANTEIRO E ESPALDA,
COLLEMOS DE NOVO AS TESOIRAS E CORTAMOS TIRAS:
E FACEMOS A 1ª PROBA DO TRAXE:
..........................................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
COMEZAMOS A CONFECCIONAR ...
"TRAXES" DE RATIÑOS
INICIAMOS A XORNADA TOMANDO CONTACTO COS TECIDOS
E PENSANDO NOS DISEÑOS:
CONTINUAMOS CORTANDO PATRÓNS
E ETIQUETANDO
ASÍ REMATAMOS ESTA PRIMEIRA SESIÓN DE CONFECCIÓN
NO SEGUINTE OBRADOIRO MÁIS!!!!
✂✂✂✂
...............................................................................................................................
ESTAMOS COS PREPARATIVOS PARA
A INAUGURACIÓN, NESTE CURSO, DO NOSO:
"OBRADOIRO DOS FIOS"
E IMOS COMEZAR CONFECCIONANDO ....
...BUENO MELLOR IMOS MANTER O SEGREDO,
PERO SI VOS IMOS AMOSAR ALGÚN DOS MATERIAIS
QUE XA ESTAMOS PREPARANDO:
AGORA DEIXAMOS NA VOSA IMAXINACIÓN
O QUE ESTAMOS A ARGALLAR @S MINITECEDORES!!!!
😊😊😊
.................................................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
BOLSA MIRÓ
O VENRES PASADO AMOSAMOS OS TRABALLOS
QUE ESTABAMOS A FACER, PARA CREAR
UNHA BOLSIÑA INSPIRADA EN MIRÓ
NA QUE GARDAR AS TAREFAS QUE FIXEMOS
DURANTE ESTE TRIMESTRE.
HOXE AMOSÁMOSVOS O RESULTADO FINAL:
ONDE PODEMOS VER A OBRA:
"PERSONAXE ESTRELADO"
.......................................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
FIELTRO E TÉMPERA
PARA DECORAR UNHA BOLSA-MIRÓ
QUE ESTAMOS A CONFECCIONAR
PARA GARDAR OS TRABALLIÑOS
DESTE ÚLTIMO TRIMESTRE DO CURSO:
PARA PODER SEGUIR COA DECORACIÓN, TEMOS QUE ESPERAR
A QUE A TÉMPERA SEQUE:
ASÍ QUE DENTRO DE MOI POUQUIÑO
AMOSAREMOS MÁIS DO NOSO TRABALLO...
................................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
LENZO E ÓLEO
HOXE CAMBIAMOS O FIELTRO E OS FIOS,
POLOS LENZOS E OS ÓLEOS:
QUE NON É TAN SINXELO FACER OBRAS DE ARTE 😅
HAI QUE TER MOITA PACIENCIA, TRABALLAR AMODIÑO
E MOI CONCENTRADOS!!!!
O RESULTADO FINAL VERÉDELO MOOOOI PRONTIÑO....
................................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
"VOO DA LIBÉLULA DIANTE DO SOL"
COMO XA ADIANTAMOS ONTE....
COMEZAMOS A RECREAR OBRAS DE JOAN MIRÓ
(O NOSO PINTOR FAVORITO😉)
PRECISAMOS: CARTULINA AZUL, FIELTRO VERMELLO, FIO NEGRO
LAPIS, TESOIRAS E ROTULADOR NEGRO.
1º ASINAMOS CO NOSO "NOME DE ARTISTA" NA PARTE TRASEIRA DA CARTULINA:
2º RECORTAMOS COAS TESOIRAS O FIELTRO PARA FACER O SOL:
3º CORTAMOS UN ANACO DE FIO NEGRO QUE SERÁ A LIBÉLULA:
4º PEGAMOS O SOL E A LIBÉLULA NA CARTULINA:
5º PARA REMATAR DEBUXAMOS, CO ROTU NEGRO, UN CÍRCULO PEQUENIÑO:
AGORA TEMOS 15 VERSIÓNS DIFERENTES
DUNHA MESMA OBRA 👏👏👏
PARABÉNS MIROTECEDORES!!!!
......................................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
PESTANAS DE FIELTRO PARA OS OLLOS DE MIRÓ
ANTES DE COMEZAR A TRABALLAR
COMPROBAMOS SE OS NOSOS OLLOS TEÑEN PESTANAS 👀
UNHA VEZ COMPROBADO....MANS AO FIELTRO
PARA DISEÑAR: OLLOS DE MIRÓ
ESPECTACULARES, DIFERENTES E COLORIDOS
XENIAL PEQUES!!!!
👏👏👏👏
......................................................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
ARTE
PREPARAMOS FIOS DAS CORES QUE EMPREGABA MIRÓ
(VERMELLO, VERDE, AZUL, AMARELO, NEGRO E BLANCO)
E AIRONFIX TRANSPARENTE,
PARA CREAR EN EQUIPO OBRAS DE ARTE:
ESTE É O RESULTADO FINAL
(CON TÍTULO INCLUIDO...)
BO TRABALLO PEQUES!!!!!!
.................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
XOGAMOS COS FIOS A CREAR
DIFERENTES FIGURAS E FORMAS
COMO SE ACHEGA UN DÍA MOI ESPECIAL...
ESTIVEMOS INTENTANDO CREAR LIBREMENTE
DIFERENTES FIGURAS E FORMAS:
PERO QUE GUSTOU MOITO FOI:
TEMOS UNHA PEQUENIÑA SORPRESA PARA VÓS 💗
..................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FÍOS"
CELEBRAMOS...O DÍA DO LIBRO!!
LEMBRADES QUE A SEMANA PASADA
ESTIVEMOS PREPARANDO UN ESCENARIO,
MIRADE 👀...
ASÍ FOI COMO NOS QUEDOU!!!!
E QUE MELLOR MANEIRA DE CELEBRAR
O DÍA DO LIBRO QUE COMEZAR COS ENSAIOS
DA REPRESENTACIÓN (CON MONICREQUES)
DA HISTORIA DO...
"COELLIÑO BLANCO"
...............................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FÍOS"
ELABORAMOS DE XEITO ARTESANAL UN ESCENARIO
1º PINTAMOS CON TÉMPERA NO FIELTRO
PARA SIMULAR HERBA:
2º RECORTAMOS MOI CONCENTRADOS,
UN TRIÁNGULO E UN CADRADO:
PARA CONSTRUIR A CASIÑA DUN COELLIÑO;
(A SOLUCIÓN, A VINDEIRA SEMANA NESTE OBRADOIRO)
.............................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
BOLBORETAS CON BOTÓNS
PRECISAMOS FIELTRO, PINZAS E MOOOOITOS BOTÓNS
................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FÍOS"
COSEMOS!
CON AGULLA DE PUNTA ROMA E LA
COSENDO E COSENDO FIXEMOS...
UNHA BOLSIÑA MOI XEITOSA
QUE NOS VAI RECORDAR UN POUQUIÑO
A O NOSO PITIÑO "ROBERTOCHÍN",
XA VEREDES...
.......................................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
RECORTANDO "PICOS"
APRENDEMOS A COLLER AS TESOIRAS,
ABRINDO E PECHANDO,
PARA INTENTAR CORTAR POLA MARCA:
QUE IMOS APROVEITAR
PARA FACER ALGO MOI INTERESANTE QUE XA VOS CONTAREMOS...
PERO ANTES QUEREMOS AMOSAR
O RESULTADO FINAL DO OVO DE CARTÓN:
PITIÑOS AMARELOS!!!
...............................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FÍOS"
REPOSICIÓN DE MATERIAL
XA PODEMOS CONTINUAR CO TRABALLO
QUE NOS QUEDOU PENDENTE!
XA TODOS TEMOS O NOSO OVO DE CARTÓN CO FÍO AMARELO
A SOLUCIÓN A VINDEIRA SEMANA
NESTE OBRADOIRO.
..............................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FÍOS"
CARTÓN E FÍOS...
TEMOS LA AMARELA E CARTÓN CON FORMA DE OVO
PODÉDESVOS FACER UNHA IDEA
DO QUE ESTAMOS FACENDO?
AINDA NON REMATAMOS,
POIS TIVEMOS UN PEQUENO PROBLEMA:
QUEDAMOS SEN LA!!!!
SOMOS TAN TRABALLADORES
QUE NON NOS CHEGAN OS MATERIAIS!!!!
.......................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FÍOS"
"NARIZ DE FIELTRO"
SABEDES QUE ESTAMOS A CREAR
UNHA VAIXELA ÚNICA E EXCLUSIVA?
POLO SAMAÍN CREAMOS UNHA CABAZA FALADORA,
NO NADAL UN "RODOLFO"
E AGORA QUE ESTAMOS NO INVERNO:
UN BONECO DE NEVE
CON NARIZ DE FIELTRO
CO LAPIS DEBUXAMOS A BOCA
E A CUBRIMOS CON GOMETS REDONDOS NEGROS
COLOCAMOS NARIZ E OLLOS NO LUGAR CORRESPONDENTE
E ASÍ DE SINXELO TEMOS UN NOVO PRATO DECORADO!!!
.......................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FÍOS"
EXPERIMENTANDO COAS TESOIRAS...
SEN DICIR NADA,
COLOCAMOS TESOIRAS E ANACOS DE FIELTRO
NA ALFOMBRA PARA OBSERVAR E EXPERIMENTAR...
OS PEQUES COLLERON
AS TESOIRAS E INTENTARON CORTAR,
DUN XEITO OU OUTRO
CON MAIOR OU MENOR ACERTO
PERO O MÁIS IMPORTANTE É QUE TOD@S
O INTENTARON, PELEXARON POR CONSEGUILO,
NON SE ESCOITOU NINGÚN : "EU NON SABO"
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FÍOS"
"PAZ"
O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ
AINDA QUE SOMOS PEQUENOS
SABEMOS DIFERENCIAR PERFECTAMENTE
O QUE ESTÁ BEN DO QUE ESTÁ MAL
AS PELEXAS NON NOS GUSTAN
PERO QUE NOS QUEIRAN SI...
POR ISO BAILAMOS CON MAXÍN BLANCO
"MEU AMOR ESTOUPA"
ADEMÁIS COMO SÍMBOLO DA PAZ
ELABORAMOS UN COLGANTE
CON FORMA DE CORAZÓN💗:
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
UN FIO E MACARRÓNS
QUE EMPREGAMOS PARA ABRIGARNOS
ESTÁ CONFECCIONADA COA LA
QUE NOS PROPORCIONAN AS OVELLIÑAS:
UN CORDEL OU UN LAZO QUE POIDADES UTILIZAR PARA
ENSERTAR UN PUÑADO DE MACARRÓNS
E FACER UN COLAR, UNHA PULSEIRA...
DEIXADE VOAR A VOSA IMAXINACIÓN
E ENVIÁDEME AS VOSAS CREACIÓNS!!!!
..........................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
"O ROCK DA OVELLIÑA"
ÍAMOS COÑECER UNHA NOVA CANCIÓN,
TRÁTASE DUN ROCK DA NOSA AMIGA "MAMÁ CABRA"
PARA QUE BAILEDES E CANTEDES EN FAMILIA!!!
COMO A CANCIÓN FALA DE OVELLAS,
QUE VOS PARECE SE INTENTADES
CREAR CON MATERIAL QUE TEÑADES POLA CASA
UNHA OVELLIÑA PARECIDA A ESTA?
AGARDO AS FOTOS DOS VOSOS TRABALLOS
E COIDADE BEN DESAS OVELLIÑAS
ATA QUE REGRESEMOS A NOSA AULA.
COIDÁDEVOS MOITO PEQUES!!!!
.............................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRODOS FIOS"
PINZA-POMPÓN
ESTAREDES PENSANDO QUE SERÁ ESTE "INVENTO"...
MOI SINXELO: UNHA PINZA SUXEITANDO UN POMPÓN
DE DIFERENTES TAMAÑOS, ESTA VEZ FIXEMOS O CAMIÑO
QUE PERCORREN OS CAMELOS DOS REIS MAGOS
(QUE FIXEMOS COAS NOSAS MANS)
PARA CHEGAR ATA AS NOSAS CASAS
COMA SEMPRE, DEIXAMOS SECAR
REALIZAMOS UNS PEQUENOS DETALLES
E... ESTE FOI O RESULTADO FINAL
...................................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
DECORAMOS A NOSA "ÁRBORE DE NADAL"
EMPREGAMOS: FIOS, POMPÓNS, PINZAS E TAPÓNS.
TAPÓNS DAS BOTELLAS DE AUGA, QUE PINTAMOS DE PRATEADO
PARA DARLLES UN SEGUNDO USO...
COLOCAMOS UN FIO, ANUDAMOS E PEGAMOS O POMPÓN
ESTAS SERÁN AS BOLIÑAS DA NOSA ÁRBORE
QUE CADA UN DE NÓS FOI COLOCANDO
CON MOITO COIDADIÑO!
COMEZOU AITANA, SEGUIDA DE NOEMI E FRANCO
FOMOS COLOCANDO POUCO A POUCO,
PENSANDO ONDE QUEDARÍAN MELLOR...
ATA REMATAR CON WISIN E ARIANA
QUE PUXERON AS ÚLTIMAS
E ASÍ DE ORIXINAL QUEDOU A NOSA ÁRBORE
🎄🎄🎄🎄🎄🎄🎄🎄🎄🎄🎄🎄🎄🎄🎄🎄🎄
BO FIN DE SEMANA PEQUES
VÉMONOS O LUNS
PARA COMEZAR A RECTA FINAL DESTE TRIMESTRE.
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
ENROSCAMOS LIMPAPIPAS
ESTIVEMOS PINTANTO DEPRESORES DE MARRÓN
E ENROSCANDO LIMPAPIPAS
VAIA LIO, ISTO NON É NADA FÁCIL!!!
PERO CON AXUDA SEGURO QUE O CONSEGUIREMOS 💪
A SEMANA QUE VEN
MOSTRAREMOS O QUE ESTAMOS A PREPARAR...
VÉMONOS O MÉRCORES PEQUES!!!
(LEMBRADE QUE O LUNS NON TEMOS COLE)
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
UNHA OVELLA!
AINDA QUE NON O PARECE... DENDE A SEMANA PASADA
TEMOS NA AULA UNHA OVELLIÑA,
PERO ESTÁ MOI FLAQUIÑA.
NÓS SABEMOS QUE AS OVELLAS
ESTÁN CUBERTAS DE "LA",
ASÍ QUE IMOS POÑER TODO O NOSO EMPEÑO
EN AXUDARLLE A ENGORDAR:
PERO A PESAR DO NOSO ESFORZOOOO...
IMOS TER QUE PENSAR NOUTRA SOLUCIÓN...
ATA LUNS!!!!
..........................................................................................................................
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
"CHAVEIROS"
O VENRES PASADO ESTIVEMOS FACENDO UNS OURIZOS DE LA
E HOXE IMOS REMATAR O TRABALLO QUE DEIXAMOS PENDENTE,
PARA ISO PRECISAMOS:
1º ESCOLLEMOS CONTAS DE DÚAS CORES DIFERENTES.
2º ENSERTAMOS AS CONTAS NO FIO DOS POMPÓNS ALTERNANDO CORES.
3º ATAMOS O MOSQUETÓN.
4º COLOCAMOS O CHAVEIRO NA CREMALLEIRA DA MOCHILA.
ASÍ FOI O NOSO TRABALLO NO OBRADOIRO DE HOXE:
PARABÉNS PEQUES!!!!!
VÉMONOS O LUNS!!!!!
ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
FIXEMOS UN... OURIZO DE LA
COMEZAMOS O NOSO "OBRADOIRO DE FIOS" CON UNHA TAREFA
MOI SINXELA PERO QUE AO MESMO TEMPO
PRECISA ATENCIÓN E CONCENTRACIÓN...
FIXEMOS UNHA PULSEIRA PERSONALIZADA!!!!
QUEREDES VER O PROCESO?
NON PERDADES DETALLE!!!!
O NOSO PRIMEIRO CONTACTO COS FIOS...
ELABORANDO DURANTE O PERIODO DE ADAPTACIÓN ESTES BONECOS,
QUE SE VOS FIXADES BEN PARÉCENSENOS UN POUQUIÑO.
A verdade e que estan moi logrados, estan moi bonitos
ResponderEliminarMoitas gracias Espe, alegrámonos moito de que vos gusten; estivemos varios días traballando para conseguir montar os bonecos. Estamos moi orgullosos das nosas réplicas!!!
ResponderEliminarSaudiños familia!!