lunes, 31 de mayo de 2021

PRESENTAMOS A "SERIE AZUL" DE MIRÓ 

OBSERVAMOS, IDENTIFICAMOS FORMAS E CORES

E AS TRANSFORMAMOS EN PERSONAXES

PARA INVENTAR UNHA HISTORIA

QUE COMEZA ASÍ....

HABÍA UNHA VEZ UNS PAXAROS NEGROS QUE VOABAN

POLO CEO MOI PRETIÑO DO SOL CANDO 

DE SÚPETO APARECEU UNHA SERPE;

ENTÓN O SOL TRANSFORMOUSE NUN PAO, OS PAXAROS NEGROS

COLOCÁRONSE DETRÁS EN FILA PARA AGOCHARSE DA SERPE...

PERO FINALMENTE A SERPE COMEU AO SOL

E A TODOS OS PAXAROS NEGROS MENOS A UN

QUE CONSEGUIU ESCAPAR.

E COLORÍN, COLORADA ESTA HSTORIA TRISTE ESTÁ REMATADA.


NUN PERIQUETE INVENTAMOS ESTA HISTORIA 

O QUE NOS LEVOU UN POUQUIÑO MÁIS DE TEMPO 

FOI RECREAR AS TRES OBRAS:

PERO COMO SOMOS GRANDES ARTISTAS

ASÍ DE PARECIDA NOS QUEDOU A NOSA "SERIE AZUL"



PARABÉNS PEQUES
MOI BO TRABALLO!!!!!
👏👏👏👏👏👏👏

viernes, 28 de mayo de 2021

"VOO DA LIBÉLULA"

ESTA SEMANA NO 

"OBRADOIRO DOS FIOS"

"VOO DA LIBÉLULA DIANTE DO SOL" 

COMO XA ADIANTAMOS ONTE....

COMEZAMOS A RECREAR OBRAS DE JOAN MIRÓ

(O NOSO PINTOR FAVORITO😉)

PRECISAMOS: CARTULINA AZUL, FIELTRO VERMELLO, FIO NEGRO

LAPIS, TESOIRAS E ROTULADOR NEGRO.

ASINAMOS CO NOSO "NOME DE ARTISTA" NA PARTE TRASEIRA DA CARTULINA:

RECORTAMOS COAS TESOIRAS O FIELTRO PARA FACER O SOL:

CORTAMOS UN ANACO DE FIO NEGRO QUE SERÁ A LIBÉLULA:

PEGAMOS O SOL E A LIBÉLULA NA CARTULINA:

 PARA REMATAR DEBUXAMOS, CO ROTU NEGRO, UN CÍRCULO PEQUENIÑO:

AGORA TEMOS 15 VERSIÓNS DIFERENTES

DUNHA MESMA OBRA 👏👏👏

PARABÉNS  MIROTECEDORES!!!!


jueves, 27 de mayo de 2021

REVISANDO BIBLIOGRAFÍA...

 IMOS COMEZAR A RECREAR OBRAS DE JOAN MIRÓ!!!!

ASÍ QUE O PRIMEIRO QUE TEMOS QUE FACER

É REVISAR A BIBLIOGRAFÍA QUE TEMOS

PARA OLLAR OBRAS QUE NOS GUSTEN 

OU QUE NOS CHAMEN A ATENCIÓN

E ASÍ PODER ... POÑERNOS MANS Á "OBRA"



miércoles, 26 de mayo de 2021

LETRAS INSPIRADAS EN MIRÓ

 UN DÍA MÁIS TIVEMOS QUE TIRAR DE IMAXINACIÓN

PARA PODER DESCIFRAR ...

 LETRAS INSPIRADAS NA OBRA DE MIRÓ

OBSERVAMOS CADA UNHA DAS LETRAS DE MIRÓ NA PANTALLA

E BUSCAMOS ENTRE O ABECEDARIO QUE TEMOS NA ALFOMBRA

CANDO XA TEMOS A DECISIÓN TOMADA, 
COMPROBAMOS A VER SE TEÑEN ALGÚN PARECIDO


 PRACTICAMENTE AS IDENTIFICAMOS TODAS!!!!
(AINDA QUE NALGUNHA LETRA PRECISAMOS UN POUQUIÑO DE AXUDA)

AGORA TÓCAVOS FAMILIAS...


SABEREDES DESCIFRAR ESTA PALABRA
QUE TEMOS NO NOSO CORREDOR?????😉