viernes, 31 de marzo de 2023

TRABALLOS 2º TRIMESTRE

 ÚLTIMO DÍA DE CLASE ANTES

DAS VACACIÓNS DE PASCUA!

COMO XA É COSTUME

TEMOS PREPARADOS OS TRABALLOS

REALIZADOS DURANTE ESTE TRIMESTRE

PARA LEVALOS E EXPLICALOS NA CASA

AGARDO QUE DESCANSEDES MOITO NESTAS VACACIÓNS

POIS CANDO REGRESEMOS DE VOLTA,

ENTRAMOS NA RECTA FINAL DE INFANTIL!!!!!!

💪💪💪💪💪💪💪


jueves, 30 de marzo de 2023

DO PANAL AO PANEL

 O TRIMESTRE CHEGA AO SEU FIN

E CON EL A NOSA INVESTIGACIÓN SOBRE AS ABELLAS

POIS XA SOMOS EXPERTOS NO TEMA!

A PARTIR DE AGORA PASAREMOS DE FALAR DO PANAL

A FALAR E TRABALLAR NO PANEL

PANEL INTERACTIVO QUE AGORA TEMOS NA AULA

PARA INVESTIGAR NOVOS PROXECTOS E PODER

TRABALLAR DUN XEITO MÁIS TECNOLÓXICO:

😊😊😊😊😊😊


miércoles, 29 de marzo de 2023

RECEITA CON MEL

 ESTA SEMANA NO

"OBRADOIRO DOS FIOS"

DEIXAMOS OS FIOS PARA COCIÑAR

UNHA SINXELA E RICA RECEITA

COMEZAMOS POLO MÁIS IMPORTANTE,

LAVAR AS MANS

PREPARAMOS OS INGREDENTES E A COCIÑAR!

PESAMOS A MANTEIGA 

BOTÁMOLA NUN BOL E ENGADIMOS O MEL

MESTURAMOS CON FORZA...

E LISTO:

A MERENDAR!!!!!

SE QUEREDES PROBAR A MANTEIGA DE MEL

AQUÍ VOS DEIXAMOS A RECEITA:

TOMADE NOTA 😉


martes, 28 de marzo de 2023

ARTE CON ABELLAS

 SABEDES QUE NAS OBRAS DE ARTE TAMÉN

PODEMOS ATOPAR ABELLAS?

@S MINITECEDORES O DESCUBRIRON

OBSERVANDO EN MOVEMENTO

"O CARNAVAL DO ARLEQUÍN" DE JOAN MIRÓ


ONDE APARECE UNHA ABELLA MULTICOLOR

E "BEES" DE HENRI MATISSE


QUE RECREAMOS DE XEITO PERSOAL...


OLLADE 👀👀👀


BO TRABALLO PEQUENOS ARTISTAS!!!!

lunes, 27 de marzo de 2023

BEEBOT (IV)

 CATRO EQUIPOS DE BEEBOT,

CATRO ALGORITMOS DIFERENTES...

HOXE TEMOS QUE PREPARAR 

4 PERCORRIDOS PARA RIGOBERTA.

EQUIPO OBREIRAS 1


EQUIPO OBREIRAS 2 



EQUIPO ABÁZCAROS


EQUIPO RAÍÑAS 


MOITOS DILEMAS, ALGÚN QUE OUTRO CAMBIO

 E TAMÉN ERROS DOS QUE SEMPRE SE APRENDE

BEN FEITO PEQUES!!!!!