miércoles, 31 de mayo de 2023

TUBOS DE CARTÓN

 ESTA SEMANA NO

"OBRADOIRO DOS FIOS"

MEDIMOS TUBOS DE CARTÓN

@S MINITECEDORES POR PARELLAS

TEÑEN QUE COLLER TUBOS E CINTA MÉTRICA

PARA SABER CANTO MIDE CADA TUBO.

CADA UN TEN A SÚA TÉCNICA

E CANDO COÑECEN O RESULTADO, ANOTAN...

CON ESTES TUBOS IMOS CONSTRUIR 

UN INSTRUMENTO MUSICAL

RELACIONADO COAS NUBES

E NO QUE EMPREGAREMOS FIOS!


martes, 30 de mayo de 2023

POR CORREO

 CHEGÁRONNOS POR CORREO ELECTRÓNICO

UNHAS FOTOS DE NUBES

QUE SE REALIZARON DURANTE

UNHA VIAXE FUTBOLÍSTICA A NOIA

JUNIOR FALOUNOS UN POUQUIÑO 

DO QUE VIU DURANTE ESA VIAXE 

E DOS DIFERENTES TIPOS DE NUBES

QUE OBSERVOU COA SÚA FAMILIA

MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR

E COLABORAR NO NOSO PROXECTO!!!!

😀😀😀😀



lunes, 29 de mayo de 2023

"CICLOBIBLIOTECA"

HOXE RECIBIMOS A VISITA DE ANXO MOURE

ASÍ QUE POR UN RATIÑO,

DEIXAMOS A NOSA AULA BALEIRA

PARA IR AO SALÓN DE ACTOS ONDE AGARDABA 

 ANXO COA SÚA CICLOBIBLIOTECA

CARGADA DE CONTOS, CON IMPORTANTES MENSAXES,

QUE NOS TRANSMITIU DUN XEITO MOI DIVERTIDO!

SAÍMOS AO PATIO PARA DISFRUTAR DUNHA PEQUENA VIAXE

NA CICLOBIBLIOTECA, E MENTRES AGARBÁBAMOS TURNO

ESTIVEMOS OBSERVANDO OS CONTOS QUE TROUXO ANXO


GRACIÑAS POR COMPARTIR CON NÓS O TEU SABER,

ATA A PRÓXIMA ANXO!!


viernes, 26 de mayo de 2023

CHUVIA DE CORES

 REALIZAMOS UN NOVO EXPERIMENTO:

"SIMULADOR DE NUBES"

IMOS ENCHER UNHA NUBE FEITA DE ESPUMA

CON GOTIÑAS DE AUGA DE DIFERENTES CORES,

PARA VER COMO CHOVE ⛆

PARA ESTE EXPERIMENTO PRECISAMOS:

FIXÉMOLO TRES VECES:

1º CHUVIA AZUL

2º CHUVIA VERMELLA


3º CHUVIA AMARELA

CANTO NOS GUSTA EXPERIMENTAR!!!


jueves, 25 de mayo de 2023

PLUVIOMETRO

 VAIA NOMES MÁIS COMPLICADOS

TEÑEN OS APARELLOS METEOROLÓXICOS...

HOXE ESTIVEMOS TRABALLANDO

COA PALABRA

P L U V I O M E T R O

PALMEANDO SÍLABAS E ESCOITANDO ATENTAMENTE FONEMAS

 PARA ESCRIBILA NA PIZARRA...


 TIVEMOS QUE INTENTALO VARIAS VECES😅


E ENTRE TOD@S POR FIN, ACADÁMOLO💪💪

GRAN TRABALLO PEQUES 👏👏👏