miércoles, 31 de enero de 2024

"FOLERPA"

 COMO SE DI?

A PALABRA COA QUE TRABALLAMOS ESTA SEMANA

ESTÁ RELACIONADA CO INVERNO.

DESPOIS DE VER ESTA IMAXE

@S MINITECEDORES IDENTIFICÁRONNA COMO 

"A FLOR DA NEVE"

ASÍ QUE HOXE APRENDIMOS COMO SE DI?

"FOLERPA"

E APROVEITAMOS TAMÉN, PARA PRACTICAR OS DIFERENTES TRAZOS

(VERTICAL, HORIZONTAL, OBLICUO)


MENTRES INTENTAMOS DEBUXALAS NO PANEL DIXITAL:


AGORA XA COÑECEMOS AS FOLERPAS,
SABEMOS COMO SE DI E COMO SE DEBUXAN!


👏👏👏👏👏👏👏



martes, 30 de enero de 2024

PAZ

 HOXE 30 DE XANEIRO CONMEMORAMOS 

O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

@S MINITECEDORES NON TIÑAN MOI CLARO

QUE É A PAZ, FALABAN DE POMBAS...

PERO AGORA XA SABEMOS QUE É 

MOI IMPORTANTE PORTARNOS SUPER BEN CON TOD@S

SEXAN COÑECIDOS OU NON

DESPOIS DO NOSO TEMPO DE LECER

REUNÍMONOS NO PATIO D@S MAIORES

CON TOD@S @S COMPAÑEIR@S DO COLE,

PARA BAILAR A DANZA DA PAZ

(QUE LEVAMOS DÍAS PREPARANDO COA NOSA PARELLA DE ROCK AND ROLL)




lunes, 29 de enero de 2024

CALENDARIO MANIPULATIVO

QUEREMOS AMOSARVOS UN AGASALLO

SÚPER ESPECIAL!

TRÁTASE DUN CALENDARIO MANIPULATIVO

PARA COMPRENDER DE XEITO LÚDICO

O PASO DO TEMPO

ESTÁ COMPOSTO DE 31 BOLIÑAS DE DIFERENTES CORES

(UNHA COR POR CADA DÍA DA SEMANA)

12 PORCIÓNS DE CORES PARA OS MESES DO ANO

E BONECOS IDENTIFICATIVOS DE CADA MES.


CADA DÍA O CALENDARIO FORMA PARTE

DAS NOSAS RUTINAS DE AULA:

BUSCAMOS E SINALAMOS O DÍA DE HOXE, CONTAMOS, 

PENSAMOS NO DÍA DA SEMANA

E AGORA TAMÉN COLOCAMOS UNHA BOLIÑA,


PARA NON EQUIVOCARNOS DE COR, PUXEMOS UN APOIO VISUAL

QUE NOS AXUDE Á HORA DE ESCOLLER CORRECTAMENTE

E XA TEMOS PREPARADA 

A SEGUINTE PORCIÓN DO CALENDARIO, 

NON QUEDA NADA PARA ESTRAEAR O MES...


... DO ENTROIDO 🎊🎊🎊

viernes, 26 de enero de 2024

CUMPLE DE SOFÍA

 @S MINITECEDORES

VANSE FACENDO MAIORES 😍

HOXE SOFÍA CUMPLE 

4 ANOS!!!!

PARABÉNS COMPAÑEIRA!!!!

SOPRAMOS A CANDEA, CANTAMOS E BAILAMOS

TOD@S XUNT@S

E APROVEITANDO QUE HOXE ESTABAMOS TOD@S

NO COLE, FIXEMOS ESTA FOTO DE GRUPO

PARA O RECORDO

DESPOIS COMO XA É TRADICIÓN

SOFIA CONVIDOUNOS A UNHA DEGUSTACIÓN

DE GUSANITOS!!!! UMM!!!

GRAZAS SOFIA POR FESTEXAR O TEU CUMPLE CON NÓS!!


jueves, 25 de enero de 2024

COMPOÑEMOS

 NA NOSA INVESTIGACIÓN SOBRE OS OSOS

ESTIVEMOS TRABALLANDO O SEU NOME E

AS LETRAS QUE O CONFORMAN, PARA PODER IDENTIFICALAS

NA INFORMACIÓN QUE CHEGOU A AULA...

BUSCAMOS "O" E "S" NOS NOSOS NOMES,

LEMBRAMOS OS SONS QUE PRODUCEN E ACUDIMOS

A PIZARRA PARA COMPOÑER A PALABRA: OSO

PARA FINALIZAR PICAMOS AS LETRAS E AS 

COLOCAMOS NA FICHA TAL E COMO FIXEMOS NA PIZARRA

UN GRANDÍSIMO TRABALLO D@S MINITECEDORES,

XENIAL PEQUES!


miércoles, 24 de enero de 2024

SEGUIMOS RECICLANDO!

 @S MINITECEDORES ESTÁN A REALIZAR

UNHA GRAN LABOR

NA RECOLLIDA DE PILAS👏👏

XA SABEN PERFECTAMENTE ONDE ESTÁ 

O CONTENEDOR AXEITADO

E XA O FAN DE XEITO AUTÓNOMO

PARABÉNS PEQUES!!!!