miércoles, 30 de octubre de 2024

DE CELEBRACIÓN!

 ESTAMOS DE CELEBRACIÓN!

E ASÍ DE TERRORÍFICOS 😬

ACUDIMOS HOXE AO COLE

A OCASIÓN BEN O MERECE!

🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃

HOXE FÍXOSE ENTREGA

DOS PREMIOS DE SAMAÍN

E INFANTIL RECIBIU UN PREMIO

Á DECORACIÓN DO CORREDOR👏👏

(XA PUBLICAREI AS FOTOS 😊)

 LEMBRADES O QUE ESTABAMOS

A FACER NO OBRADOIRO DOS FIOS?

POIS HOXE ESTAMOS DE ESTREA,

PRESENTAMOS O XOGO "SUBE E BAIXA"

QUE ELABORAMOS COAS NOSAS

"GADOUPAS"



PASÁDEO DE MEDO DURANTE ESTES DÍAS,

VÉMONOS DE NOVO O LUNS DÍA 4 DE NOVEMBRO 👋


martes, 29 de octubre de 2024

MEDO!!!!

 MOITO COIDADO SE PENSADES

FACERNOS UNHA VISITA...

@S MINITECEDORES VOLVÉRONSE 

FEROCES NESTE SAMAÍN

COIDADO!

ADEMÁIS SEGUEN A CHEGAR

CABAZAS, MIRADE A DE ROI:


🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃


lunes, 28 de octubre de 2024

SEMANA DE SAMAIN

ESTAMOS NA ÉPOCA DAS CABAZAS

DE AÍ QUE OS CELTAS AS EMPREGARAN

PARA  FESTEXAR O SAMAÍN.

@S MINITECEDORES COA AXUDA DAS SÚAS FAMILIAS

TRABALLARON DURO PARA TRAER ESTAS CABAZAS

DECORADAS EN RELACIÓN AO PROXECTO DE CENTRO

"UNHA VIAXE POLA CULTURA GALEGA"

TODAS AS CABAZAS QUE TRAIADES, SERÁN EXPOSTAS 

NA RAMPA DO COLE PARA PARTICIPAR NO CONCURSO,


@S PREMIADOS DARANSE A COÑECER O MÉRCORES!


viernes, 25 de octubre de 2024

ENROSCAR E DESENROSCAR

 ESTA SEMANA NO

"OBRADOIRO DOS FIOS"

ENROSCAMOS E DESENROSCAMOS

QUE ESTARÁN A PREPARAR @S MINITECEDORES...

ESTIVERON ENROSCANDO UN FIO NUN DEPRESOR

E DEBUXANDO ARAÑAS:

QUE SERÁ, SERÁ?


jueves, 24 de octubre de 2024

ROOM ON THE BROOM

 AS MESTRAS DE INGLÉS DE COLE

XUNTO CO AUXILIAR DE COVERSA,

PREPARARON UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS 

ESPECIAL HALLOWEEN!

CANDO CHEGAMOS Á BIBLIOTECA...

ESTABA ESCURO, 

ESCOITÁBASE MÚSICA TERRORÍFICA,

HABÍA UN POTE DE BRUXA

E UN CONTO EN INGLÉS:

ESCOITAMOS CON MOITA ATENCIÓN

AS HISTORIAS QUE NOS CONTOU JACK

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VIDEO DO CONTO,

A VER SE VOS GUSTAAAA...


🎃🎃🎃🎃🎃🎃



miércoles, 23 de octubre de 2024

OUTONO!

ESTAMOS NO OUTONO

E ESTE CURSO CON TANTA CHUVIA

NON VISITAMOS O CASTIÑEIRO DO COLE

PERO NOA ENCARGOUSE DE TRAER

O OUTONO Á AULA, OLLADE 👀 

COMO OBSERVAMOS E CLASIFICAMOS AS CASTAÑAS

 APROVEITAMOS TAMÉN PARA COÑECER A

 ARCIMBOLDO


UN ARTISTA ITALIANO QUE EMPREGA DIFERENTES PRODUTOS

DE TEMPADA PARA CREAR AS SÚAS OBRAS


NESTA IDENTIFICAMOS UN MONTÓN DE PRODUTOS DE OUTONO:

CABAZA
PERA
MAZÁ
UVAS
GRANADA
CASTAÑA!

VÍSTEDELA, NÓS SI 🌰


AINDA QUE ERA PEQUENA, LOCALIZÁMOLA RÁPIDAMENTE!