miércoles, 20 de noviembre de 2024

"PEPUKA E O MONSTRUO..."

 UN CONTO CO QUE TRABALLAMOS O BO TRATO:

"PEPUKA E O MONSTRO QUE LLE LEVOU O SORRISO"

DESPOIS DA LECTURA DO CONTO,

 CADA PEQUE EXPRESOU 

O QUE NON LLE GUSTA QUE LLE FAGAN

NON ME GUSTA QUE ME PEGUEN!

NON ME GUSTA QUE ME BERREN!

NON ME GUSTA QUE ME EMPURREN!

NON ME GUSTA QUE ME TIREN Ó CHAN!

NON ME GUSTA QUE ME TIREN DO PELO!...

E O QUE NON QUEREMOS PARA NÓS

TAMPOUCO PARA @S DEMÁIS!

ASÍ QUE TEMOS PARA TOD@S VÓS

OS NOSOS MELLORES SORRISOS!!!

E QUE PASE O QUE PASE, NON OS PODEMOS PERDER.

💜💜💜💜💜💜💜MAÑÁ MÁIS...



martes, 19 de noviembre de 2024

MEDINDO PANDEIRETAS

 TOCA TRABALLAR EN EQUIPO, COLABORAR 

E FACER UNHA BOA DISTRIBUCIÓN DAS TAREFAS;

QUE IMOS FACER? MEDIR O DIÁMETRO DAS PANDEIRETAS

NON SABEMOS MOI BEN COMO FACER...

E PENSAMOS...COMO FIXEMOS NO OBRADOIRO DOS FIOS

PARA MEDIR O FIO QUE NOS FACÍA FALTA PARA O VERME?

BUSCAMOS O CERO COMO PUNTO DE PARTIDA,

ESTIRAMOS POLO MEDIO DO COIRO DA PANDEIRETA,

MIRAMOS O NÚMERO E ANOTAMOS

E REPETIMOS TANTAS VECES COMO FAGA FALTA

MENTRES NON ESTEMOS SEGUROS.

ESTES FORON OS NOSOS RESULTADOS

E AQUÍ TEDES OS DIÁMETROS:


AGORA SABEMOS CAL É A PANDEIRETA MÁIS PEQUENA!!!

CADA DÍA TRABALLAMOS MELLOR EN EQUIPO,

ESTOU MOI CONTENTA CO TRABALLO DE HOXE 

E MOI SORPRENDIDA, PARABÉNS PEQUES!!!!

😍😍😍😍😍


lunes, 18 de noviembre de 2024

PARTES DA PANDEIRETA

 COMEZAMOS A RECOLLER

 O QUE ESCOITAMOS NO OBRADOIRO

CON PABLO SEOANE.

HOXE, AS PARTES DA PANDEIRETA

RECORTAMOS CON MOITO TINO...


E COLOCAMOS NO LUGAR CORRESPONDENTE!

SEGUEN A CHEGAR PANDEIRETAS...

ABRAIADA ESTOU CON TAN BO TRABALLO!!!!!

PARABÉNS FAMILIAS!!!


viernes, 15 de noviembre de 2024

30 CENTÍMETROS

 ESTA SEMANA NO

"OBRADOIRO DOS FIOS"

30 CENTÍMETROS

QUEREMOS FACER UN "VERME",


PRECISAMOS UN CÍRCULO PARA A CABEZA 

E 30 CENTÍMETROS DE FIO PARA O CORPO

TOCA MEDIR!

ACERCÁMONOS Á CINTA MÉTRICA PARA BUSCAR O 30

E COA AXUDA DUN COMPI CORTAMOS POLA MEDIDA:

PERO NON SABEMOS QUE PASOU....

NON SON TODAS IGUAIS!!!😕

 E CASE TOD@S CORTAMOS POLO 30...


jueves, 14 de noviembre de 2024

OBRADOIRO CON PABLO SEOANE

"OS INSTRUMENTOS TRADICIONAIS VAN A ESCOLA"

É O NOME DO OBRADOIRO QUE REALIZAMOS

HOXE CON PABLO SEOANE E MARÍA

EMPREGARON UN CONTO PARA ADENTRARNOS

NA GALICIA DE FAI ANOS, NA QUE ERA COMPLICADO

ATOPAR ARTESÁNS QUE FIXERAN INSTRUMENTOS

TAL E COMO SE FAN NA ACTUALIDADE.

AMOSÁRONNOS QUE MATERIAIS NECESITAMOS 

PARA FACER UNHA PANDEREITA E 

O MÁIS IMPORTANTE, COMO FACELA!


E UNHA VEZ REMATADA A PANDEIRETA...


ESCOITAMOS O SON DOS INSTRUMENTOS,

PROBAMOS ALGUNHAS DAS PEZAS DE ROUPA 

QUE SE EMPREGABAN PARA IR AS FOLIADAS

E COMO NON, REMATAMOS A SESIÓN

CANTANDO TOD@S XUNTOS!

UNHA GRAN EXPERIENCIA

PARA NEN@S E MESTRAS,

GRACIÑAS E VÉMONOS PRONTO!