ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
DECORAMOS A NOSA "ÁRBORE DE NADAL"
EMPREGAMOS: FIOS, POMPÓNS, PINZAS E TAPÓNS.
TAPÓNS DAS BOTELLAS DE AUGA, QUE PINTAMOS DE PRATEADO
PARA DARLLES UN SEGUNDO USO...
COLOCAMOS UN FIO, ANUDAMOS E PEGAMOS O POMPÓN
ESTAS SERÁN AS BOLIÑAS DA NOSA ÁRBORE
QUE CADA UN DE NÓS FOI COLOCANDO
CON MOITO COIDADIÑO!
COMEZOU AITANA, SEGUIDA DE NOEMI E FRANCO
FOMOS COLOCANDO POUCO A POUCO,
PENSANDO ONDE QUEDARÍAN MELLOR...
ATA REMATAR CON WISIN E ARIANA
QUE PUXERON AS ÚLTIMAS
E ASÍ DE ORIXINAL QUEDOU A NOSA ÁRBORE
🎄🎄🎄🎄🎄🎄🎄🎄🎄🎄🎄🎄🎄🎄🎄🎄🎄
BO FIN DE SEMANA PEQUES
VÉMONOS O LUNS
PARA COMEZAR A RECTA FINAL DESTE TRIMESTRE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario