TODOS OS LUNS DESPOIS DO RECREO
TEMOS CON NÓS NA AULA Á PROFE PILI
QUE NOS AXUDA A EXPERIMENTAR COAS "MATES"
HOXE PRESENTAMOS: O TANGRAM
A PROFE PILI NOS VAI ENSEÑANDO AS 7 PEZAS
QUE COMPOÑEN O TRANGRAM
E NÓS TEMOS QUE INTENTAR COLOCALAS NA PLANTILLA
PARA COMPLETAR A ZONA SOMBRÍA DO DEBUXO
NON É NADA FÁCIL, O IMPORTANTE É TER A PACIENCIA SUFICIENTE
PARA IR CAMBIANDO AS PEZAS DE POSICIÓN E ATOPAR A SOLUCIÓN
PARA SER A PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO CO TANGRAM
NON ESTIVO MAL, PERO A MEDIDA QUE VAIAMOS
PRACTICANDO, DE SEGURO QUE SAIRÁ MOITO MELLOR.
💪💪💪💪
No hay comentarios:
Publicar un comentario