ESTA SEMANA NO
"OBRADOIRO DOS FIOS"
CORTAMOS CINTAS
QUEN SABE CORTAR COAS TESOIRAS?
ESTA FOI A RESPOSTA D@S MINITECEDORES,
ASÍ QUE MANS Á OBRA!
TIÑAMOS UNHA CINTA CORTADA COA LONXITUDE QUE PRECISAMOS
(QUE NOS SERVIRÁ DE MODELO)
TODAS AS CINTAS TEÑEN QUE SER DO MESMO LARGO;
PROCESO:
1º ESTIRAMOS A CINTA PRETO DO MODELO
2º SUXEITAMOS PARA QUE NON SE MOVA
3º CORTAMOS COA TESOIRA
TRABALLAMOS POR PARELLAS, POIS IMOS PRECISAR AXUDA,
MENTRES UN CORTA OUTRO SUXEITA E VICEVERSA.
✂✂✂✂✂✂
ESTAREDES PENSANDO PARA QUE SERÁN AS CINTAS....
...PARA COLOCARLLE AS MEDAIAS
QUE ESTIVEMOS FACENDO COA ARXILA
😊😊😊😊😊😊
No hay comentarios:
Publicar un comentario