martes, 30 de abril de 2024

YAYOI KUSAMA

 DENDE QUE COMEZOU O TRIMESTRE

ESTAMOS A INVESTIGAR SOBRE

A ARTISTA: YAYOI KUSAMA

E POLO DE AGORA NON VOS AMOSÁRAMOS

O TRABALLO QUE ESTAMOS A FACER...

DESCUBRIMOS QUE A NOSA ARTISTA É DE XAPÓN

ASÍ QUE BUSCAMOS ONDE ESTABA:


PEGAMOS GOMETS VERMELLOS NA SÚA BANDEIRA:

ENCHEMOS DE COR O SEU RETRATO:

E CO PINCEL, PINTAMOS A PAISAXE QUE YAYOI VIA DE PEQUENA

E INSPIRABA, XA DAQUELA, AS SÚAS OBRAS:


 COMO TRABALLAN ESTES PEQUES!!!!
BRAVOOOO!!!!

👏👏👏👏👏👏


lunes, 29 de abril de 2024

CÍRCULOS

 COMO ESTAMOS A INVESTIGAR 

SOBRE A "PRINCESA DOS PUNTIÑOS"- YAYOI KUSAMA

@S MINITECEDORES E AS SÚA FAMILIAS TIÑAN UNHA IMPORTANTE MISIÓN:

CONSEGUIR DEZ CÍRCULOS DE DIFERENTES TAMAÑOS E TEXTURAS


E COMO PODEDES OBSERVAR, MISIÓN CUMPLIDA!!!

TEMOS UNHA CAIXA CHEA DE CÍRCULOS

PARA PODER CREAR A NOSA PROPIA OBRA DE ARTE 

INSPIRADA NESTA ARTISTA 


MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

SEN A VOSA AXUDA SERÍA MOITO MÁIS COMPLICADO.

😊😊😊😊😊😊


viernes, 26 de abril de 2024

"REDONDIÑOS"

 ESTA SEMANA NO

"OBRADOIRO DOS FIOS"

REDONDIÑOS


ANTES DE CONTINUAR COA CREACIÓN DO LIBRO TEXTIL,

CONTAMOS UN CONTIÑO QUE NOS SERVIU DE PREPARACIÓN:

UNHA HISTORIA CON REDONDIÑOS E CADRADIÑO,

QUE NON DEIXA A NINGUÉN INDIFERENTE...

DESPOIS DE MANIPULAR AS DIFERENTES

FORMAS XEOMÉTRICAS, CHEGA O MOMENTO

DE IR COMPLETANDO CON "REDONDIÑOS"

AS PÁXINAS DO NOSO LIBRO TEXTIL.

COMEZAREMOS POLAS DÚAS PRIMEIRAS,

NUNHA COLOCAREMOS DOUS "REDONDIÑOS" 

E NA SEGUINTE POÑEREMOS CATRO

A VER SE NOS SAEN BEN AS CONTAS...

BO TRABALLO PEQUES!!!!!

ESTE LIBRO TEN MOI BOA PINTA!!!

💙💙💙💙💙💙💙


jueves, 25 de abril de 2024

MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES

 HOXE TIVEMOS UNHA CITA NA BIBLIOTECA DO COLE

COAS NOSAS MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES

ESCOLLEMOS UN CONTO 

E OS MAIORES LEN PARA @S PEQUEN@S


AO PRINCIPIO DÁBANOS UN POUCO DE VERGOÑA,

PERO DESPOIS.....

XA ESTAMOS DESEXANDO VOLVER A REPETILO!!!

GRAZAS MAIORES 😊


miércoles, 24 de abril de 2024

NO TEATRO CON "PINGÜÍN"

 CHEGOU O DÍA MÁIS ESPERADO DO MES,

SAÍMOS A SANTIAGO AÓ TEATRO!!!

IMOS COÑECER A "PINGÜÍN" ÁS 12H

PERO ANTES IMOS FACER UNHA PARADIÑA

PARA ENCHER AS BARRIGOLAS

AGORA QUE XA ESTAMOS SÚPER PREPARADOS

IMOS Ó TEATRO!!!!

A FAMILIA PINGÜÍN, PROTAGONISTA DESTA HISTORIA, 

VIVE NUNHA ENVIDIABLE ARMONÍA.


MAMÁ PINGÜÍN POLAS MAÑÁS COIDA DA CASA E POLAS TARDES PESCA.

PAPÁ PINGÜÍN POLAS MAÑÁS PESCA E POLAS TARDES COIDA DA CASA...

E O PEQUENO BOBO FAI O QUE MÁIS LLE GUSTA: 

COME E XOGA TODO O DÍA.

PERO ALGO ESTÁ CAMBIANDO....BOBO ESTÁ A PIQUES DE VIVIR 

UNHA SORPRENDENTE AVENTURA

HOXE OS SEUS PAPÁS LLE DIXERON QUE VAI TER UN IRMÁN!

CON BOBO DESCUBRIMOS A DIFÍCIL SITUACIÓN QUE VIVE UN NEN@

CANDO TEN QUE COMPARTIR O CARIÑO E A ATENCIÓN

DOS SEUS PAIS CUN NOV@ MEMBRO DA FAMILIA.

ENCANTOUNOS!!! 💙

PARABÉNS PERIFERIA TEATRO!!!!

👏👏👏👏👏👏