miércoles, 24 de abril de 2024

NO TEATRO CON "PINGÜÍN"

 CHEGOU O DÍA MÁIS ESPERADO DO MES,

SAÍMOS A SANTIAGO AÓ TEATRO!!!

IMOS COÑECER A "PINGÜÍN" ÁS 12H

PERO ANTES IMOS FACER UNHA PARADIÑA

PARA ENCHER AS BARRIGOLAS

AGORA QUE XA ESTAMOS SÚPER PREPARADOS

IMOS Ó TEATRO!!!!

A FAMILIA PINGÜÍN, PROTAGONISTA DESTA HISTORIA, 

VIVE NUNHA ENVIDIABLE ARMONÍA.


MAMÁ PINGÜÍN POLAS MAÑÁS COIDA DA CASA E POLAS TARDES PESCA.

PAPÁ PINGÜÍN POLAS MAÑÁS PESCA E POLAS TARDES COIDA DA CASA...

E O PEQUENO BOBO FAI O QUE MÁIS LLE GUSTA: 

COME E XOGA TODO O DÍA.

PERO ALGO ESTÁ CAMBIANDO....BOBO ESTÁ A PIQUES DE VIVIR 

UNHA SORPRENDENTE AVENTURA

HOXE OS SEUS PAPÁS LLE DIXERON QUE VAI TER UN IRMÁN!

CON BOBO DESCUBRIMOS A DIFÍCIL SITUACIÓN QUE VIVE UN NEN@

CANDO TEN QUE COMPARTIR O CARIÑO E A ATENCIÓN

DOS SEUS PAIS CUN NOV@ MEMBRO DA FAMILIA.

ENCANTOUNOS!!! 💙

PARABÉNS PERIFERIA TEATRO!!!!

👏👏👏👏👏👏


1 comentario: