viernes, 26 de febrero de 2021

CARTÓN E FÍOS...

 ESTA SEMANA NO 

"OBRADOIRO DOS FÍOS"

CARTÓN E FÍOS...

TEMOS LA AMARELA E CARTÓN CON FORMA DE OVO

PODÉDESVOS FACER UNHA IDEA 

DO QUE ESTAMOS FACENDO?






AINDA NON REMATAMOS,

 POIS TIVEMOS UN PEQUENO PROBLEMA:

QUEDAMOS SEN LA!!!!

SOMOS TAN TRABALLADORES

QUE NON NOS CHEGAN OS MATERIAIS!!!!


jueves, 25 de febrero de 2021

ESCRIBIMOS...

 COMO "INVESTIGADORES DE PITIÑOS"

HOXE DESCUBRIMOS AS SÚAS LETRAS!!!

P  I  T  I  Ñ  O

 DESPOIS DE RECOLLECER O SON DE CADA UNHA DELAS

E COMPROBAR SE NO NOSO NOME

APARECÍA ALGUNHA....

 PUXÉMONOS A TRABALLAR CO PUNZÓN, CO PEGAMENTO E CO LAPIS:


E O FIXEMOS XENIAL!!!!

MIRADE 👀


👏👏👏


miércoles, 24 de febrero de 2021

DÍA DE ROSALÍA

TAL DÍA COMO HOXE FAI MOOOOOITOS ANOS


NACÍA EN SANTIAGO ROSALÍA DE CASTRO 




  PARA CONMEMORAR ESTE DÍA,

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO COLE

ELABOROU UN VÍDEO RECOPILATORIO 

DE ILUSTRACIÓNS E PALABRAS SOBRE ROSALÍA.

(PREMEDE NA IMAXE PARA VER O VÍDEO)

A PALABRA COA QUE NÓS PARTICIPAMOS 

 ESCRIBÍMOLA HOXE NAS VENTÁS DA AULA...



"ROSALÍA É... MULLER"

martes, 23 de febrero de 2021

INVESTIGADORES DE PITIÑOS

 DESPOIS DE TRABALLAR O CONTO DA GALIÑA ROXA

NA ASAMBLEA DE HOXE ESTIVEMOS FALANDO SOBRE OS PITIÑOS


E DESCUBRIMOS UNHA MOREA DE COUSAS INTERESANTES:

- QUE NACEN DA BARRIGA DA GALIÑA ROXA...

- QUE SON AMARELOS CO "PICO" LARANXA...

- QUE TEÑEN ÁS AZUIS E VERDES...

- QUE TEÑEN PLUMAS AMARELAS, BLANCAS, ROXAS, LARANXAS...

- QUE TEÑEN 2 OU 3 PATAS...

- QUE COMEN PAN, HERBA, LEITUGA...

- QUE VIVEN NO GALIÑEIRO COAS GALIÑAS ROXAS E O "GALEIRO" MARRÓN...

- QUE FAN COCOCÓ, QUIQUIRIQUÍ E PIO, PIO...


ASÍ QUE PARA SER UN POUCO MÁIS EXPERTOS NO TEMA, 

ÍMONOS CONVERTIR DURANTE UNHAS SEMANAS EN:

" INVESTIGADORES DE PITIÑOS"

(PARA RESOLVER ALGUNHAS DÚBIDAS E ACLARAR OUTRAS)


lunes, 22 de febrero de 2021

AMASANDO...

 LEVAMOS VARIOS DÍAS TRABALLANDO 

PARA AXUDAR NAS SÚAS TAREFAS

Á GALIÑA ROXA,

POR SE NON COÑECEDES A HISTORIA

FACÉMOSVOS UN PEQUENO RESUMO:

A GALIÑA ROXA VIVE NUNHA GRANXA COS SEUS PITIÑOS

MÁIS UN GATO, UN CAN E UN PATO

A GALIÑA ATOPA UNS GRANS DE TRIGO E DECIDE SEMENTALOS

PERO NINGÚN ANIMAL DA GRANXA A QUERE AXUDAR.

ELA MÁIS OS SEUS PITIÑOS SON OS QUE 

SEMENTAN, SEGAN, MOEN, AMASAN E...

POR SUPOSTO NÓS, PRESTAMOS A NOSA AXUDA Á GALIÑA:

SEMENTAMOS TRIGO:

CANDO O TRIGO MEDROU, SEGAMOS:

MOEMOS A MAN:

AMASAMOS A FARIÑA :

 OBTIVEMOS O RESULTADO DE TANTO TRABALLO:

CON ESTE CONTO


APRENDIMOS DÚAS COUSAS MOI IMPORTANTES

A PRIMERA É QUE AOS AMIGOS SEMPRE SE LLES AXUDA

E A SEGUNDA É O PROCESO DE ELABORACIÓN DO PAN!!