martes, 23 de febrero de 2021

INVESTIGADORES DE PITIÑOS

 DESPOIS DE TRABALLAR O CONTO DA GALIÑA ROXA

NA ASAMBLEA DE HOXE ESTIVEMOS FALANDO SOBRE OS PITIÑOS


E DESCUBRIMOS UNHA MOREA DE COUSAS INTERESANTES:

- QUE NACEN DA BARRIGA DA GALIÑA ROXA...

- QUE SON AMARELOS CO "PICO" LARANXA...

- QUE TEÑEN ÁS AZUIS E VERDES...

- QUE TEÑEN PLUMAS AMARELAS, BLANCAS, ROXAS, LARANXAS...

- QUE TEÑEN 2 OU 3 PATAS...

- QUE COMEN PAN, HERBA, LEITUGA...

- QUE VIVEN NO GALIÑEIRO COAS GALIÑAS ROXAS E O "GALEIRO" MARRÓN...

- QUE FAN COCOCÓ, QUIQUIRIQUÍ E PIO, PIO...


ASÍ QUE PARA SER UN POUCO MÁIS EXPERTOS NO TEMA, 

ÍMONOS CONVERTIR DURANTE UNHAS SEMANAS EN:

" INVESTIGADORES DE PITIÑOS"

(PARA RESOLVER ALGUNHAS DÚBIDAS E ACLARAR OUTRAS)


No hay comentarios:

Publicar un comentario