LEVAMOS VARIOS DÍAS TRABALLANDO
PARA AXUDAR NAS SÚAS TAREFAS
Á GALIÑA ROXA,
POR SE NON COÑECEDES A HISTORIA
FACÉMOSVOS UN PEQUENO RESUMO:
A GALIÑA ROXA VIVE NUNHA GRANXA COS SEUS PITIÑOS
MÁIS UN GATO, UN CAN E UN PATO
A GALIÑA ATOPA UNS GRANS DE TRIGO E DECIDE SEMENTALOS
PERO NINGÚN ANIMAL DA GRANXA A QUERE AXUDAR.
ELA MÁIS OS SEUS PITIÑOS SON OS QUE
SEMENTAN, SEGAN, MOEN, AMASAN E...
POR SUPOSTO NÓS, PRESTAMOS A NOSA AXUDA Á GALIÑA:
1º SEMENTAMOS TRIGO:
2º CANDO O TRIGO MEDROU, SEGAMOS:
3º MOEMOS A MAN:
4º AMASAMOS A FARIÑA :
5º OBTIVEMOS O RESULTADO DE TANTO TRABALLO:
CON ESTE CONTO
APRENDIMOS DÚAS COUSAS MOI IMPORTANTES
A PRIMERA É QUE AOS AMIGOS SEMPRE SE LLES AXUDA
E A SEGUNDA É O PROCESO DE ELABORACIÓN DO PAN!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario